Día Internacional dos Museos

Publicado el

O Día Internacional dos Museos é un evento coordinado polo Consello Internacional de Museos (ICOM) que ten lugar cada ano o 18 de maio. Este evento pon de relevo un tema diferente cada ano e que está no centro das preocupacións da comunidade dos museos. O Día Internacional dos Museos ofrece aos profesionais dos museos a oportunidade de ir ao encontro do público e sensibilizalo sobre os desafíos que enfrontan os museos. De feito, o ICOM define o museo como unha organización sen fins de lucro, unha institución permanente ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, exhibe e transmite o patrimonio material e inmaterial da humanidade e o seu medio ambiente con fins educativos, de estudo e pracer. Por tanto, o Día Internacional dos Museos serve de plataforma para concienciar ao público sobre os retos actuais dos museos no desenvolvemento da sociedade a nivel internacional.

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña presenta esta guía interactiva para celebrar, pese á situación actual, o Día Internacional dos Museos. Despois do peche dos museos polo estado de alarma que estamos a vivir, o Día Internacional dos Museos 2020 vólvese dixital! Convidamos a coñecer museos de toda a provincia para visitar en liña e saber algo máis da nosa riqueza patrimonial, preme enriba para acceder á guía:

Unha Deputación de Museo. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

Por outra banda, a Biblioteca dispón dun fondo bibliográfico sobre museística moi destacado. Na actualidade atópase formando parte dunha mostra na Casa Museo Valle Inclán na Pobra do Caramiñal, ao que podes acceder virtualmente aquí: Casa Museo Valle Inclán. Deixamos unha fotografía dos libros en exposición:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *