Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Publicado el

 

O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e por iso, queremos celebralo recomendándovos o álbum: Ada Magnífica, científica. Un conto marabilloso que nos permitirá falar coas crianzas sobre ciencia e científicas e científicos, como se formulan hipóteses, sobre o papel da creatividade, sobre roles de xénero ou simplemente compartir unha historia.

A protagonista, Ada  Marie, leva o nome de dúas grandes mulleres de ciencia, que con curiosidade e paixón chegaron a facer grandes descubrimentos.  Marie  Curie descubriu dous novos elementos, o  polonio e o radio, e o seu traballo levou á invención dos raios X. E, Ada  Lovelace, que foi unha gran matemática e a primeira programadora da historia. E, como non podía ser doutro xeito, cun nome así, Ada  Marie, pregúntase sobre todo o que ten ao seu ao redor e tenta buscar respostas a todas esas preguntas. Pensa, pregunta, ensaia e refuga o que non funciona. Nunha palabra experimenta, e faino seguindo, como non, o método científico. E iso é, en definitiva, o que a converte nunha gran científica. Convértea en Ada Magnífica, científica.

Non volo perdades!!! Encantaravos!!!

 

 

Ademais, na Biblioteca Infantil e Xuvenil temos unha chea de recomendacións pensada para comezar a crebar o teito de cristal desde ben pequenos, e que vos deixamos neste vídeo:

 

Finalmente, na EbiblioDaCoruna creamos un carrusel dedicado a este día e a dar a coñecer mulleres científicas extraordinarias:

 

Recomendámosche especialmente:

 

Mujeres de ciencia: Un libro ilustrado e educativo, que destaca as contribucións de cincuenta mulleres notables aos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas desde o mundo antigo ata o moderno. Esta fascinante colección tamén contén infografías sobre temas relevantes como equipos de laboratorio, taxas de mulleres que traballan actualmente en campos relacionados coa ciencia e un glosario científico ilustrado. Entre as pioneiras incluídas neste traballo hai figuras coñecidas como a primatóloga Jane Goodall, así como outras menos coñecidas como Katherine Johnson, a física e matemática afroamericana que calculou a traxectoria da misión Apolo XI de 1969 á lúa.

 

 

Sabias: la cara oculta de la ciencia: Quen era Enheduanna? E Émilie de Châtelet? Por que os mestres de cervexa consideran a Hildegarda de Bingen, unha monxa do século XI, a súa mentora? Foi digna Marie Curie dos dous premios Nobel de ciencia que recibiu? Sería posible descifrar a estrutura do ADN sen a obra de Rosalind Franklin? Por que é tan descoñecida a muller que desentrañou a estrutura da penicilina? Que papel tiveron as mulleres durante a Idade de Prata que viviu a ciencia na Segunda República Española?

Neste libro rescatamos a historia dalgunhas das mulleres que fixeron contribucións relevantes á ciencia e ao mesmo tempo, para entender por que eran tan escasas e hoxe son tan descoñecidas, facemos un percorrido pola historia.

 

17 mujeres premios Nobel de Ciencia: Ata o de agora, só os traballos científicos de 17 mulleres recibiron o premio Nobel. Marie Curie foi a primeira, en 1903 e 1911, seguida da súa filla Irène Joliot-Curie en 1935, pero outras permanecen na sombra. Son coñecidas as biólogas Françoise Barré-Sinoussi, galardoadas en 2008, Barbara McClintock (1983) e Rita Levi-Montalcini (1986), pero quen soubo de Linda Buck, Ada Yonath, Elizabeth Blackburn ou Tu Youyou? traxectorias destas mulleres que acadaron a excelencia nun ambiente que era e aínda é en boa parte masculino.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *