Día de Rosalía

Publicado el

Imaxe de portada: Retrato de Rosalía de Castro, por Luisa Carnés. Fonte: Librópatas

 

 

Desde o ano 2010, a Asociación de Escritora e Escritores en Lingua Galega vén promovendo a conmemoración cada 24 de febreiro do Día de Rosalía, con motivo do aniversario do seu nacemento. Xunto ó impulso ao regalo dun libro e unha flor neste día, a AELG tamén elabora un manifesto e leva a cabo outras accións especialmente no sector educativo. Máis na web da AELG.

 

Por outra banda, a Área de Cultura da Deputación da Coruña promove este ano a cuarta edición do Festival Rosalía, que desta volta será en formato dixital a través da rede. Persoas de distintos ámbitos do mundo da cultura participarán neste encontro dixital arredor de Rosalía, desde a rapeira Aid, as músicas Guadi Galego ou Uxía, escritoras como María Reimóndez, Rosalía Fernández ou Antía Yáñez e un feixe de propostas creadas arredor da grande figura da nosa cultura.

Este festival ten lugar entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo a través das redes sociais Facebook, Twitter, Instagram e YouTube, e pódese seguir co cancelo #FestivalRosalía.

Paralelamente, desde as mesmas contas realízanse sete publicacións sobre sete localizacións relevantes relacionadas coa súa vida e que se engloban baixo o cancelo #Rosalía7lugares.

 

Desde a Biblioteca queremos reivindicar a lectura desta autora tan fundamental para a nosa literatura, e propoñémosvos varias accións

 

1.Lectura de Follas novas no Club de lectura dixital EbiblioDaCoruna.

O día 22 de febreiro comezamos a lectura desta obra de Rosalía de Castro. Despois de Cantares gallegos (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con Follas novas (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito literario acaban por selar o vigor da literatura en galego e testemuñan a apertura de horizontes do proxecto que Rosalía de Castro lideraba. Todo fai que Follas novas sexa considerada unha das grandes referencias da poesía galega de todos os tempos.

Podes acceder libremente ao club de lectura dixital coas túas claves da EbiblioDaCoruna. Se non dispós delas, solicita a túa alta de balde aquí.

 

2. Libros para todas as idades para achegarse á autora.

BBTK Infantil

Adiós ríos, adiós fontes / Rosalía de Castro ; ilustracións, Rodrigo Chao Blanco. Sinatura: P CAS adi / z (BBTK Infantil)

 

 

Antoloxía para a infancia / Rosalía de Castro. Sinatura: P CAS ant / r (BBTK Infantil)

 

Parece unha rosa / poema, Rosalía de Castro ; ilustracións, Isabel Pintado. Sinatura: P CAS par / z (BBTK Infantil)

 

Biblioteca Infantil e Xuvenil

A Miña primeira Rosalía / edición de Xiana e Xosé Lastra ; ilustracións de María Manuela. É un libro con CD con poemas musicados. Sinatura: P 869.9 CAS miñ / a (Biblioteca Infantil e Xuvenil)

 

Cantando cos nenos / Rosalía de Castro ; escolma de poemas para que canten os nenos, feita por Xulio Cobas Brenlla. Sinatura: P 869.9 CAS can / a (Biblioteca Infantil e Xuvenil)

 

Rosalía de Castro : escolma poética / imaxes de Belén Padrón ; selección de textos, Manuela Rodríguez. Sinatura: P 869.9 ROS / a (Biblioteca Infantil e Xuvenil)

 

 

Adultos

Rosalía de Castro : cantos de independencia e liberdade 1837-1863 / María Xesús Lama. Galaxia, 2017 (Grandes biografías ; 3). Sinatura: GAL/12603

 

Vintesete escritores de fóra falan de Rosalía de Castro : de Menéndez Pelayo (1876) a María Zambrano (1985) / editor, Xesús Alonso Montero. Fundación Rosalía de Castro, [2017]. Sinatura: GAL/7590

 

Rosalía feminista / [Rosalía de Castro] ; Helena González Fernández (ed.). Xerais, 2019 (Antoloxía). Sinatura: GAL/17265

 

 

Música

Cantares galegos [Grabación sonora] / [música] Resonet ; [interpreta] Mercedes Hernández ; dirección, Fernando Reyes. Ouvirmos, 2007 Sinatura: 612 CAS can (Sala 1)

 

Cantares gallegos [Grabación sonora] / Rosalía de Castro. Andante Producciones Culturales, [2013]. Sinatura: 612 CAS can (grandes formatos) (Sala 1)

 

Rosas a Rosalía [Grabación sonora] / Amancio Prada. Atlantia Entertainment, [2003]. Sinatura: 095 PRA ros (Sala 1)

 

 

Biblioteca César Antonio Molina e Mercedes Monmany

En las orillas del Sar / Rosalía de Castro. Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, 1985. Edición facsímil da edición orixinal de Madrid : Ricardo Fé, 1884. Sinatura: S 860-1 CAS enl (Biblioteca C.A. Molina)

 

El Final de una estirpe : Rosalía de Castro y Manuel Murguía / Juan Naya Pérez. Real Academia Gallega, 1974. Exemplar con dedicatoria autógrafa de Juan Naya a C.A. Molina: «a César Molina, con el afecto de». Sinatura: SD 929 NAY fin (Biblioteca C.A. Molina)

 

 

Follas novas = Hojas nuevas / Rosalía de Castro ; traducción, Xesús Rábade Paredes, Helena Villar Janeiro. Exemplar con dedicatoria autógrafa a C.A. Molina: «para o poeta, esta versión castelá do gran libro galego e universal». Sinatura: SD 869.9-1 CAS fol (Biblioteca C.A. Molina).

 

 

EbiblioDaCoruna

En las orillas del Sar / Rosalía de Castro. Dispoñible na EbiblioDaCoruna

 

Cantares gallegos / Rosalía de Castro. Dispoñible na EbiblioDaCoruna

 

Follas novas / Rosalía de Castro. Dispoñible na EbiblioDaCoruna

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *