Día de Europa #EU♥UE

Publicado el

 

O vindeiro 9 de maio celebramos a paz e a unidade do continente no Día de Europa, na data de aniversario da declaración de Schuman, que se considera o xermolo da Unión Europea. Para celebrar o día, en colaboración con Europe Direct Coruña, levamos a cabo a campaña “EU♥UE”: Celebramos o Día de Europa con #LiteraturaUE ao teu alcance na Biblioteca Provincial, que ten como obxectivos a promoción da lectura de obras e autores europeas e a sensibilización sobre o apoio da Unión Europea ao sector literario.

O sábado día 9 de maio publicaremos unha selección de literatura de autores europeos na EbiblioDaCorunaGuía Día de Europa EbiblioDaCoruna

Consultaremos que persoas tomaron en préstamo libros desa selección ao longo do día 9 de maio, e posteriormente recibirán un kit de material promocional da Unión Europea, consistente nunha bolsa de tea, camiseta, bolígrafo, pulseira, marcapáxinas e publicacións. Para esta entrega poñerémonos en contacto coas persoas que tomaran prestados libros da selección, e a recollida ou entrega farase efectiva en canto as circunstancias actuais o fagan posible.

Únete á campaña e descubre autores europeos na EbiblioDaCoruna. Podes seguir toda a campaña nas redes cos cancelos #DiadeEuropa #LiteraturaUE. Animámoste a seguir as contas de Twitter e Instagram de @edcoruna

Ademais desta colaboración, Europe Direct Coruña ten preparadas moitas actividades para conmemorar esta celebración, podes velas todas na súa web AQUÍ

Entre elas, recomendámosche as actividades infantís, tes un montón onde elixir e atoparalas clasificadas por idades: puzzles, mapa para colorear, adiviñanzas, xogos interactivos e moito máis. Descúbreos e pasa un rato divertido e educativo AQUÍ

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *