Día da Narración Oral

Publicado el

O 20 de marzo conmemórase o Día Internacional da Narración Oral, unha idea que naceu en Suecia en 1991 co nome do Día do Contacontos para recoñecer o mérito das historias narradas e de quen as conta. En España foise introducindo pouco a pouco esta celebración impulsada polas asociacións de narradores, como a madrileña MANO. Se queredes atopar máis información sobre a narración oral, recomendámosvos visitar a páxina da AEDA, a Asociación de profesionais da narración oral en España, que ademáis acaba de facer socia de honra a Irene Vallejo pola súa labor de difusión da labor das persoas narradoras. Para saber máis premede aquí.

En canto a Galicia, xa fai anos que se realizan eventos e actividades ao redor desta efeméride en conmemoración da gran tradición oral que temos na nosa terra. Podedes visitar a páxina de Facebook do Colectivo de narradores e narradoras orais de Galicia, que este ano conta cun Manifesto de Fina Casalderrey, premendo aquí.

En canto á súa influencia na lectura, podemos dicir que as novas tecnoloxías que todo o transforman, tamén teñen neste eido un papel relevante, xa que revolucionaron o noso xeito de acceder aos textos. Un dos efectos desta transformación é o gran éxito que están a experimentar os audiolibros, unha mostra do gusto das persoas por que lles lean, e que non é máis que unha revolucionaria volta á tradición oral, un marabilloso paradoxo que permite que moita xente nova que deixara a literatura de lado volva a ela.

Na EbiblioDaCoruna temos unha grande variedade de audiolibros para todos os gustos: últimas novidades, libros clásicos da literatura española e internacional, libros de non ficción. Deixámosvos aquí unha pequena selección de entre os 224 contidos para escoitar que temos dispoñibles agora mesmo. Desfrutádeos!

 

 

Xa sabes, accede á EbiblioDaCoruna coas túas claves do préstamo dixital. Se aínda non formas parte, únete aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *