Día da Nai

Publicado el

Nai non hai más ca unha…

#nai non hai mais ca unha… pero cada unha co seu aquel que a fai única

Como a #nai que desvela como evitou a desesperación pese ao esgotamento, ós nervos, ás carreiras… e desvela que o che pasa (ou che pasou) pásalle a tódalas #nais.

Como a #nai que nos di cómo cambia de verdade a vida dunha muller despois da maternidade

 

Como a #nai de Aleksy quen rexeitou ao seu fillo pero anos despois chega o momento da reconciliación, pola esa necesidade de facer as paces.

Como Lisa Kallisto, traballadora e #nai de tres fillos, que descubre horrorizada que Lucinda, amiga da sua filla adolescente, desapareceu estando ao seu cargo

Como ese grupo de catro #nais recentes, que se reúnen regularmente para falar e distraerse, e que se ve convulsionado cando o bebé dunha delas desaparece

Como esa #nai que para o seu home e os seus sete fillos, é egoísta, ás veces mezquina, sempre tirana e que disfruta enfrentándoos entre si, e para os seus veciños é un exemplo de piedade, austeridade e traballo duro

#nais parricidas como Aurora Rodríguez Carballeira

#nais felices como Estefania á que todo se lle trastoca cando se entera de que o seu home a está enganando con otra

#nais frikis

Ou Silvia que decide nun momento crucial da sua ser #nai porque sinte que a vida lle debe outra vida.

Relacións entre #nais e fillos, #nais que non atoparon a ”profetizada” plenitude ou #nais que nos ensinan os segredos dos fogóns.

Ou como vivir o domingo das #nais cando non a tés.

 

Descubre como son todas e cada unha desas nais nesta selección de libros da ebibliodacoruna que fixemos para celebrar este día

#nais na literatura, #nais de ficción, #nais de verdade, #nais para dar e tomar, e as nosas #nais, as mellores do mundo, porque #nai…non hai mais ca unha (ou eso din)

 

 

Ideas para un Día da Nai atípico

Este domingo celebramos Día da Nai dunha forma totalmente atípica: uns pasaremos este día lonxe da súa presenza, outros atoparán as tendas cerradas, moitos non poderán facer tantas das cousas que adoitaban facer este día tan sinalado.

Pero non deixaremos que iso sexa un problema para demostrarlles o importantes que son nas nosas vidas. porque con pequenos detalles pódese marcar a diferenza, aquí che deixamos unhas ideas simples que poden facer que sexa un gran día con moi poucos recursos. Mais non esquezas que para unha nai o mellor agasallo é o teu sorriso.

Preme en cada unha das palabras, nome das receitas ou manualidade para acceder á ligazón: Ideas para un Día da Nai atípico. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

 

Manualidade especial da BBTK Infantil para o Día da Nai

Propoñémosche unha manualidade muy sinxela pero que queda preciosa para regalar, con só tres materiais que todos temos na casa:

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *