O vindeiro día 24 é o Día da Biblioteca. Un día de festa na #biblioteca e nós celebrámolo cunha chea de actividades que temos preparadas para festexar este día.
1. Obradoiro “Crea a túa biblioteca en 3D”
Elabora a tua biblioteca en 3D
Obradoiro para todas as idades
Día: 24 de outubro
Horario: entre ás 18:00 e as 20:00 h
Vestíbulo da Biblioteca
Entrada libre ata completar aforo
2. Os máis lector@s!
O día da Biblioteca agasallaremos aos 8 usuari@s que máis leen nas diferentes categorías (adultos, infantil, bebeteca e plataforma dixital) cun lote de materiais promocionais da biblioteca.
Día: 24 de outubro
3. Biblioteca Participativa
No noso taboleiro da entrada e nas redes sociais coméntanos qué che gustaría encontrar na biblioteca. Deixanolo por escrito ou comentando nas redes co hashtag #BDbibliotecaparticipativa.
Cándo?: do 23 ao 30 de outubro
4. Mostra e guía de lectura “Luces e sombras das bibliotecas”
A destrucción de bibliotecas, unha práctica habitual ao longo da historia e, xeneralmente, promovida por exaltados líderes políticos e relixiosos. Pequeno percorrido polas luces e sombras das bibliotecas destruídas, queimadas e tamén recuperadas.
Guía de lectura: https://www.slideshare.net/Bibliotecadicoruna/gualecturamostralucesesombras
Cándo?: do 23/10 ao 06/11
5. “Saímos á rúa”
Informamos aos transeuntes de que se celebra o #DíadaBiblioteca e os servicios e materiais que se poden encontrar nela.
Día: 24 de outubro
Hora: ás 13:00 e ás 18:30 h
Lugar: diante do edifício da Biblioteca
Achégate á nosa Biblioteca Móvil
6. Mostra bibliográfica “Eduardo Blanco Amor”
No vestíbulo da Biblioteca poderás achegarte á obra e legado desta figura tan senlleira para a historia da cultura galega, no 120 aniversario do seu nacemento. Toda a info en: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/mostra-bibliografica-sobre-eduardo-blanco-amor/
Ademáis, elaboramos unha guía sobre a exposición accesible na Biblioteca e na rede.
Cándo?: de outubro a novembro
7. #EstoyenlaBiblio
Dende o Ministerio de Cultura -Observatorio de la lectura- lanzouse unha campaña para homenaxear áss bibliotecas cando se aproxima o día no que se recorda especialmente a estos equipamentos culturais, o 24 de outubro.
A iniciativa, denominada ‘Estoy en la Biblio’, pode seguirse no Twitter e Instagram co hashtag #EstoyenlaBiblio. Unímonos a ela e vondámosvos a participar!
Programa actividades Día da Biblioteca 2017
Programa diabiblioteca 2017_galego