Curso de Deseño de videoxogos en 3D (en liña).
Características:
Idade: de 8 a 12 anos.
Duración: 4 sesións de 1,5 horas cada unha.
Días: 23 e 30 de xaneiro, e 6 e 13 de febreiro.
Horario: de 11.30 a 13.00 horas.
Prazas: 10 nenos/as.
Prazo de inscrición: comeza o 12 de xaneiro.
Modalidade en liña:
- Conexión por Microsoft
- Non son necesarios coñecementos previos.
- Compartición de pantalla do docente.
- Resolución de dúbidas en tempo real, por voz e chat, compartindo a pantalla do alumno/a e por correo electrónico entre sesións.
Necesidades tecnolóxicas:
- Conexión a internet cun ancho de banda razoable.
- Altofalantes e micro ou cascos.
Inscrición:
Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición nas actividades TIC e elixindo o curso de Deseño de Videoxogos en 3D.
A páxina para inscribirse ás actividades activarase o martes 12 de xaneiro ás 10.00 h da mañá.
Que a páxina permita a inscrición non implica a obtención de praza. Desde a Biblioteca poñerémonos en contacto cos/oas inscritos/as para comunicárllelo.
Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns).
Aviso:
Os cursos son totalmente gratuítos. Por iso debemos estar concienciados do importantísimo que é o compromiso e a conexión dos nenos/as á actividade todas as sesións.
Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.info@dacoruna.gal.
NOTA IMPORTANTE
Para asegurar que non se producirán perdas de tempo durante os días de desenvolvemento dos talleres, farase unha proba de conexión cos nenos e nenas, previa ao arranque da actividade, tanto para a conexión das videoconferencias como polo funcionamento dos programas coas ligazóns de descarga dos arquivos que serán enviados.