De paseo polo museo…ABRACADABRA nº36

Publicado el

Na revista que edita a Biblioteca Infantil e Xuvenil neste trimestre encontrarás unha chea de cousas relacionadas coa pintura e a arte. Lee e disfrútaa!

 

Así da comenzo a última REVISTA ABRACADABRA Nº36

Ola… Perdoade o caos que teño na habitación… Que de que son todos estes libros?… Son de pintura. Tamén é o que estou a mirar na internet… Cóntovos…

Xa sabedes que me encanta pintar, así que aproveitando as vacacións de verán apunteime a un cursiño de pintura de dúas semanas. O primeiro día, a modo de presentación, preguntáronnos se tiñamos algún cadro ou pintor preferido, e que dixésemos o nome de varios cadros e/ou pintores. Pois ben, decateime de que a pesar da gran participación da clase, apenas saíran pintores galegos… e xa non vos digo nada se falamos delas, as pintoras galegas…  A ver, si, vós… parádevos un momento para pensar e nomear todas as pintoras e pintores galegos que saibades…

Pois iso, que decidín poñerme ao día sobre este tema e darme un paseo polo museo virtual da pintura galega.

 

Antes de nada, debo sinalar que aínda que o verán parece longo, non dá tempo para moito, así que hai nada que me puxen co tema, polo que queda moito por andar. De momento, vouvos contar o que teño. Decidín empezar por elas, polas pintoras galegas. Ben, galegas ou que desenvolveron maioritariamente o seu traballo en Galicia.

E así, atopámonos con Ana Karina Lema Astray, que aínda que naceu en Bos Aires e vive actualmente en Valencia, pasou gran parte da súa infancia e mocidade na Coruña, onde residiu desde os 9 anos. Con traballos pulcros e coidados ao detalle, de forte carga simbólica, moi relacionada co mundo dos contos e os soños, a obra de Ana Karina Lema Astray convídanos a traballar a partir dun téxtil estampado e buscar a creación de personaxes ou animais que albiscamos a partir deste material.

E pasamos a outra pintora galega, María Elena Gago. Xa sei que non é moito, pero non podo estenderme demasiado porque xa está a miña nai chamándome para ir cear. Xa sabedes, mañá é día de escola…

 

Pois ben, María Elena Gago, tamén coruñesa, tendía cara a un realismo poético, é dicir, representaba nos seus cadros un mundo de evocacións e de ilusións a partir dun realismo minucioso. O seus interiores fannos reflexionar sobre os espazos que habitamos, os cales descubrimos a forza da técnica de colaxe.

Por outra banda, gustaríame mencionar a Anne Heyvart. Que por que a meto aquí?… É certo que naceu en Estados Unidos e viviu en Bélxica, Francia, Santiago de Compostela e Luxemburgo antes de instalarse en Oleiros (A Coruña)… Pero é aquí onde quedou… segundo a información que atopei.

Coa obra de Anne Heyvart investigamos a forza da idea de caixa pechada ou aberta como a de Pandora, cartón e imaxinación ao poder! Habería moito que dicir… pero tendo en conta que a paciencia da miña nai é limitada, creo que é mellor que lle botedes unha ollada á súa obra.

E así, chegamos á última pintora por hoxe. Luisa Valdés. Seguro que vos soa…pois si…é a artista que imparte os obradoiros de pintura na nosa biblioteca.

Os seus cadros, levarannos a traballar a arte abstracta e a xogar coa xeometría. A divertirnos colocando unha trama de cinta que nos desvelará o armazón xeométrico ao despegala…Si, mamá, xa vou…

Agora si que si… En fin, sinto deixarvos así, agora quexa vos metera o vermiño da curiosidade. Pero a miña nai ten as súas propias prioridades… de todos os xeitos, na Biblioteca podedes atopar unha chea de libros que vos acompañarán neste apaixonante paseo polo museo da pintura galega.

E quen sabe… pode que algún de vós, ou eu mesmo… formemos parte da futura quenda de pintores galegos.

* As imaxes que aparecen no texto son obras das artistas mencionadas anteriormente e dos nen@s que participaron no obradoiro de pintura organizado pola biblioteca este verán.

 

Revista 36_abracadabra

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *