De Fronte contra a Violencia de Xénero: libros e recursos dixitais na Biblioteca Provincial

Publicado el

Este 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e desde a Área de Igualdade da Deputación da Coruña puxeron  en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, unha campaña e programa de actividades que apela directamente á implicación dos Concellos coruñeses, estendendo a chamada á acción a calquera outra entidade da provincia.

Esta campaña procura promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade.

 

 

 

 

  • E no #BDRecomenda semanal tamén escollemos a temática para dar a maior visibilidade a campaña. Podedes ver os vídeos o xoves 25 de novembro nas nosas redes sociais.

 

  • E o 25 de novembro no horario de apertura da biblioteca con cada préstamo agasallarémoche con material promocional da campaña #defronte ( pulseras, marcapáxinas, pegatinas) ata esgotar as existencias.

Todos os recursos físicos podes consultanos no catálogo da biblioteca https://www.dacoruna.gal/biblioteca e os recursos dixitais na biblioteca dixital https://ebibliodacoruna.odilotk.es/

A campaña #DeFronte, que organiza a área de Igualdade da Deputación da Coruña ten unha chea de actividades para sensibilizarnos sobre a importancia da loita contra a violencia de xénero:
1. Celebración de 3 palestras que serán retransmitidas en directo nesta páxina e na canle de YouTube da Deputación da Coruña
+ xoves, 4 de novembro de 2021, de 19:00 a 20:00: Violencia vicaria, o papel das/os menores na violencia de xénero e actualizacións normativas de protección á infancia. Dispoñible en YouTube.
+ xoves, 11 de novembro de 2021, de 19:00 a 20:00: Violencias de xénero en mulleres maiores. Dispoñible en YouTube.
+ xoves, 18 de novembro de 2021, de 18:00 a 19:00: A importancia do traballo en rede na loita contra a violencia de xénero a nivel local. Dispoñible por streaming a través de YouTube.

2. Actividade xuvenil en formato Visual Thinking sobre tratamento e prevención da violencia de xénero.

3. Scape Room para traballar en igualdade e de xeito cooperativo. Guía explicativa para a elaboración do Scape Room dispoñible para a súa descarga na ligazón anterior.

4. Espectáculo musical para público infantil “Martiña Soñadora” onde Sabela King á voz e ao ukelele e Carlos Gil ao piano interpretan composicións de produción propia que achegan á rapazada ritmos brasileiros, blues ou rock&roll ao tempo que nos falan de relacións afectivas sas, de igualdade ou da importancia de rachar cos estereotipos sexistas desde a expresión musical. Estará dispoñible nesta páxina entre os días 22 e 29 de novembro.

 

5. Acto colectivo de lectura de textos e poemas relacionados coa temática. Celebrarase o día 25 de novembro ás 12.00 no exterior da Biblioteca Provincial da Coruña

 

Todas as actividades da Deputación da Corula  en https://defronte.gal/actividades/
#25N #defronte Toda a información:  https://defronte.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *