Cursos de Inglés 2021

Publicado el

Sesións presenciais que comezan o 4 de outubro de 2021

Impartidos por Elisabeth Hamer

PRAZAS: 15  persoas en cada curso

Para poder realizar a inscrición e cubrir o formulario web  é preciso ter o número de carné da biblioteca á man.  Se non eres socio/a date de alta canto antes na biblioteca ou na web. 

2 CURSOS NIVEL BÁSICO

Para aquelas persoas que non teñen ningún coñecemento de inglés ou o estudaron hai moito tempo.

Día para elixir:

  • Martes de 10:30 a 11:45 h. (Comeza o 05/10/2021)
  • Martes de 17:30 a 18:45 h (Comeza o 05/10/2021)

 

2 CURSOS NIVEL MEDIO I

Orientado a persoas que teñen algún coñecemento de inglés ou queren lembralo.

Día para elixir:

  • Luns de 17:30 a 18:45 h (Comeza o 04/10/2021)
  • Martes de 12:00 a 13:15 h (Comeza o 05/10/2021)

 

2 CURSOS NIVEL MEDIO II

Orientado a persoas que xa teñen algún coñecemento de inglés e queren perder o medo a falalo.

Día para  elixir:

  • Martes de 19:00 a 20:15 h (Comeza o 05/10/2021)
  • Mércores de 10:30 a 11:45 h (Comeza o 06/10/2021)

 

2 CURSOS NIVEL AVANZADO

Para persoas que xa teñen coñecemento de inglés e  queren obter máis fluidez.

Día para elixir:

  • Luns de 19:00 a 20:15 h (Comeza o 04/10/2021)
  • Mércores de 12:00 a 13:15 h (Comeza o 06/10/2021)

 

 

INSCRICIÓN NOS CURSOS DE INGLÉS

 

Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premer en Inscrición no Curso de inglés e elixir o nivel correspondente, día e hora. A páxina para inscribirse nas actividades activarase o día 23 de setembro ás 10:30 h. Continuará aberta ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.

Resérvanse prazas (5 por curso) para facer a inscrición por teléfono chamando o día 23 de setembro ao 981 080 171, en horario de 10:30 a 12:30 h (para as persoas que non dispoñen de medios electrónicos)

Pasados uns días, as persoas que se inscribiron na web e obtiveron a praza, comunicaráselles por correo electrónico a súa admisión. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.

Reservarase unha praza por persoa.

Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.info@dacoruna.gal.

 

A Biblioteca adoptará todas as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación en función da evolución da situación sanitaria.

Así mesmo, a Biblioteca esixirá a todos os asistentes o cumprimento das normas establecidas.

 

Información completa: Cursos de inglés outono 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *