Cursos de inglés

Publicado el

Impartidos por Elisabeth Hamer

DURACIÓN: marzo-xuño

 

NIVEL BÁSICO

Orientado a persoas que teñen un coñecemento moi básico do  idioma. (20 prazas)

DÍA: os martes de 10:30 a 11:45 h

Data de comezo: 12 de marzo

 

NIVEL MEDIO I

Dirixido a persoas que xa teñen  un coñecemento básico da lingua e queren mellorar a súa comprensión oral e escrita. (20 prazas)

DÍA: os martes de 12:00 a 13:15 h

Data de comezo: 12 de marzo

 

NIVEL MEDIO II

Enfocado a persoas que teñen unha boa gramática e queren mellorar a súa comprensión oral. (20 prazas)

DÍA: os martes de 19:15 a 20:30 h

Data de comezo: 12 de marzo

 

NIVEL AVANZADO

Dirixido a persoas que teñen un dominio da gramática, un léxico rico e poden manter unha conversa en inglés. (20 prazas)

DÍA: os luns de 20:15 a 21:30 h

Data de comezo: 11 de marzo

 

APERTURA DE INSCRICIÓN O 7 DE MARZO  ÁS 10:30 H

Para reservar praza terán preferencia os socios. Preséntate co carné da Biblioteca ás 10:30 h na Sección Xuvenil o 7 de marzo. Para a inscrición respectarase a orde de chegada.

Reservaranse prazas para facer a reserva por teléfono o mesmo día a partir as 11:30 h chamando ó 981 080 171.

Reservarase unha praza por persoa.

Os cursos son gratuítos. Todas as persoas que falten máis de dúas veces quedarán excluídas da actividade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *