Novo Curso de deseño de videoxogos en 3D (online)

Publicado el

Idade: de 9 a 14 anos.

Duración: 4 sesións de 1,5 horas cada unha.

Días: 20, 27 de novembro e 11 e 18 de decembro.

Horario: de 11.30 a 13.00 horas.

Prazo de inscrición: comeza o 11 de novembro ás 10:30 h.

Modalidade: en liña.

Os cursos son gratuítos.

 

Sesións online:

  • Conexión por Microsoft
  • Non son necesarios coñecementos previos.
  • Compartición de pantalla do docente.
  • Resolución de dúbidas en tempo real, por voz e chat, con compartición da pantalla do alumno/a e por email entre sesións.

 

Necesidades tecnolóxicas:

  • Conexión internet cun ancho de banda razoable.
  • Altofalantes e micro ou cascos.

 

INSCRICIÓN

Poden inscribirse todas as persoas socias na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición nas actividades TIC e elixindo o curso de Deseño de Videoxogos en 3D (ter o carné da biblioteca a man).

A páxina para inscribirse ás actividades activarase o 11 de novembro ás 10:30 h da mañá. Antes desa hora non estará visible desde a web. Se despois desa hora non a ves, refresca a páxina.

 

Reservaranse prazas (5 prazas) para facer a inscrición por teléfono polo que haberá que chamar o 11 de novembro ao 981 080 171, en horario de 10:30 a 12:30 h (para as persoas que non dispoñen de medios electrónicos).

Nuns días, ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.

 

10 prazas.

Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)

 

Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.

 

NOTA IMPORTANTE

 

Para asegurar que non se producirán perdidas de tempo durante os días de desenvolvemento dos talleres, farase unha proba de conexión cos nenos e nenas, previa ao arranque da actividade, tanto para a conexión das videoconferencias como polo funcionamento dos programas cos links de descarga dos arquivos que serán enviados.

 

 

Programa completo aquí: II Curso Deseño de videoxogos en 3D outono2021

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *