Coñece a Fonoteca

Publicado el

Como xa sabedes, a Fonoteca está situada no primeiro andar da Biblioteca.  Unha sala onde podedes atopar música, cinema e Internet. Día tras día é visitada por moitas persoas atraídas polos seus fondos ou simplemente polo boca a boca. Lendas do jazz, do blues, compositores de música clásica ou grandes orquestras, como a Orquestra Sinfónica de Galicia, están en acceso aberto, e as persoas usuarias poden ver ou escoitar o CD-DVD antes de levalo en préstamo.

Novidades musicais, premios, concertos, festivais que se celebran o longo do ano… son publicitados na Sala xunto ós recunchos temáticos organizados polo persoal bibliotecario con motivo dalgunha data ou efeméride destacada.  Así, o pasado xoves 21 conmemoramos ó Día da Música dando a coñecer famosas óperas:

 

En canto á Sétima Arte (a sección da Sala preferida dos usuarios), as películas están clasificadas por xéneros, onde o drama, a comedia e o suspense son os máis demandados.  No tocante a nacionalidades, o cinema francés, italiano e nórdico xunto co americano son os que gozan de máis adeptos entre as persoas socias da Biblioteca.

Na primeira semana de xullo, faremos un recuncho de cine de temática LGTBQI, convidámosvos a comentar todas as suxerencias e ideas, deixámosvos unha selección desta temática:

Luna en Brasil

Dirección: Bruno Barreto

791 LUN (azul)

Una Jornada particular

 dirección: Ettore Scola

791 JOR (azul)

 

¡Vémonos na Fonoteca!

Categorizado como: Blog

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *