5ª Edición do Concurso #BDCoMeulibroeoMeuParasol

Publicado el

#BDCoMeulibroeoMeuParasol: Buscando Escenarios de lectura

En qué lugar da Provincia ides ler este verán?

Volveu  o verán! e  con el chega unha nova edición do concurso##BDcoMeuLibroeoMeuParasol: buscando escenarios de lectura.

Coma na anterior edición, buscamos fotos de lugares da provincia da Coruña onde vaiades  ler ou nos recomendedes para gozar e disfrutar dunha boa lectura.

Dende Ortigueira a Santa Uxía de Ribeira; dende Melide a Camariñas….dende Fisterra a Cariño. Queremos fotos de todos eses concellos e lugares máxicos da provincia de Coruña. Do rural e do mar, das cidades e das vilas, das aldeas, das praias, dos montes, dos parques…

Acompañade a vosa fotografía co título dun libro, un cómic, unha revista, audiolibro… e o nome do lugar á que pertence a fotografía.

E compartídea nas redes sociais coa etiqueta:

##BDcoMeuLibroeoMeuParasol

 

O procedemento para participar é o seguinte:

– En Instagram: subir a fotografía e no pé de foto: mencionar a conta da Biblioteca(@bibliodicoruna), o lugar e engadir a etiqueta do concurso que corresponda (#BDcoMeuLibroeoMeuParasol) .

– En Twitter: mencionar a conta da Biblioteca (@Bibliodicoruna), indicar o lugar seleccionado, engadir a fotografía e a etiqueta do concurso #BDcoMeuLibroeoMeuParasol.

– En Facebook: deixar un comentario coa etiqueta que corresponda #BDcoMeuLibroeoMeuParasol  na entrada do concurso e engadir a fotografía coa que queirades partipar.

– Para os participantes que non teñades redes sociais podedes achegarnos por correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal  a fotografía e o título a ler poñendo no asunto a etiquetra#BDcoMeuLibroeoMeuParasol

– Na Biblioteca, deixando a túa fotografía no Servicio de Información da Biblioteca

O día 4 de setembro levaremos a cabo un sorteo entre todos os participantes, e elixiranse dúas fotografías, ós que se lle fará entrega de cadanseu agasallo  da Biblioteca que consistirán en:

1. Un lote promocional da Biblioteca da Deputación da Coruña.

2. Un lote de libros e cómics editados pola Deputación da Coruña

Nota 1: É preciso ser socio da Biblioteca para poder participar.
Nota 2:
 Aínda que non aparezca na imaxe deberá indicarse o título da obra que se vai a ler
Nota 3: Debe indicarse tamén o lugar da provincia onde é tomada a fotografía.
Nota 4: A participación neste concurso obriga o autor a aceptar estas bases e a dar permiso á Biblioteca para publicar as fotografías presentadas nos medios imprimidos ou electrónicos que considere oportunos, tanto para a súa promoción e exposición durante o transcurso do concurso, como á finalización deste.

Esperamos a vosa foto antes do 31 de agosto! e a disfrutar do verán e da Coruña!

Consulta o folleto aquí

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *