Cómo unirse ao CLUB DE LECTURA DIXITAL

Publicado el

EBIBLIODACORUNA Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todos os usuarios lectores das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

Para poder formar parte deste Club de Lectura Virtual é preciso primero formar parte da Biblioteca Dixital EBIBLIODACORUNA (Date de alta aquí), que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para as bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

O club divídese en dúas salas, “Arredor dos libros” dedicado a escritores galegos, e “Compartiendo lecturas”, no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán, coa seguinte programación para o último trimestre de 2020:

 

Club Compartiendo lecturas:

  • “El orden del día”, de Eric Vuillard. Comeza o 1 de outubro.
  • “El asesino tímido”, de Clara Usón. Comeza o 19 de novembro.

 

Club Arredor dos libros:

  • “Aqueles días en que eramos malas” de Inma López Silva. Comeza o 14 de outubro.
  • “Retrincos. Un ollo de vidro”, de Castelao. Comeza o 9 de novembro.

 

Os debates seguen unha programación e cada título está moderado por unha persoa cualificada e con moitos anos de experiencia moderando clubs de lectura, e supervisado polo persoal técnico da Biblioteca Provincial.  O club e as súas lecturas están interconectados coa nosa colección de libros electrónicos. As lecturas estarán sempre dispoñibles para que as podas descargar dende a plataforma do libro electrónico

¿Úneste?

 

  1. Cómo acceder a EbibliodaCoruna Club Lector.

Para acceder só precisas cumprir os seguintes requerimentos:

Se as cumpres, accede ao club lector nesta ligazón: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es

Identifícate coas túas claves da EBIBLIODACORUNA  no apartado “Iniciar sesión”:

Se non as lembras, podes recuperalas nun momento desde o apartado de identificación na EBIBLIODACORUNA 

Unha vez dentro, se queres cambiar o nome co que te identificas para as demáis persoas participantes no club, podes facelo premendo no teu nome (arriba á dereita da pantalla), e logo en “Axustes”. Aí podes cambiar o nome co que participas no club e a imaxe, se o desexas.

  1. Cómo unirte a un club

Na páxina de inicio tes os dous clubs dispoñibles, coa portada dos últimos libros que se leron ou se están lendo. Debaixo de cada un dos clubes tes un botón de “Seguir”. Elixe aquel que queiras seguir e preme en «Seguir». Automáticamente aparecerá «Abandonar club». Que teñas esta opción indica que xa estás dentro. Este paso só o tes que facer a primeira vez que te unes, porque xa quedas «anotado/a» para sempre.

Agora preme na portada do libro, e xa entrarás directamente ao club, sempre na pestana Información. Explicamos as pestanas das que consta cada club:

  • Pestana Información

Nesta pestana de información atoparás unha somera descrición do club e a información necesaria para o seguimento do club e para prestar o libro. Ademáis, tamén tes o contacto para facernos chegar as túas dúbidas respecto ao funcionamento da plataforma.

  • Pestana de Lecturas – Cómo prestar e ler o libro

Na pestana de Lecturas podes ver a descrición do libro que se está lendo nese momento no club, as datas fixadas para rematar cada capítulo (son orientativas), e podes prestar o libro desde o botón “Tomar en préstamo” ou «Asumir préstamo». Esto só é necesario se queres un exemplar do libro dixital que che proporcionamos. Se o vas ler nun exemplar que ti xa teñas ou en papel, non é necesario que o collas en préstamo.

Unha vez que teñas collido prestado, tes a opción de “Ler” (en liña) ou “Descargar” (para descargalo no teu dispositivo e ler sen conexión a Internet). En adiante, a lectura sincronízase coa EbibliodaCoruna, polo que cando queiras ler este libro podes facelo entrando na páxina web do Club, ou ben na páxina web da EbibliodaCoruna, ou ben na Odilo App se a tes instalada nos teus dispositivos.

  • Pestana Actividade

Nesta pestana, que só é informativa, atoparás un resumo de toda a actividade que tivo o club, nunha liña temporal: comentarios, participación no chat, fitos temporais que estableza a moderadora, etc. Podes elixir ver a actividade de todo o club, ou ben dunha lectura en concreto, seleccionando no despregable.

  • Pestana Foro

Aquí a persoa que modera o club abrirá diferentes conversas ou fíos. Desde esta pestana podes ver todos os fíos que abreu sobre a lectura, e premendo en cada fío podes ler as respostas das persoas participantes e participar ti tamén deixando a túa aportación. É o lugar no que se debate sobre o libro.

  • Pestana Citas

Nesta pestana podes engadir citas do libro que che parezan interesantes. Para facelo, debes ter o libro dixital. Cando estés lendo no teu dispositivo, selecciona a frase que queiras compartir. Automáticamente che sairá a opción de “Compartir”. Podes compartir só a cita, ou engadir un comentario persoal de por qué compartes esa cita, qué che transmite, etc.

  • Pestana Chat

Nesta pestana pódese conversar de xeito informal con todos os participantes, ou ben con un en concreto. Habitualmente úsase para comentar cuestións á marxe dos fíos que a moderadora abre na pestana “Foro”. Recomendacións doutras lecturas, experiencias con outras obras similares ou do mesmo autor, saudar, compartir dúbidas… Todo aquelo que teña que ver co club e apeteza compartir co resto de lectores.

  • Pestana Estatísticas

Nesta pestana poderás controlar a porcentaxe que levas lida do libro e o tempo invertido na lectura, sempre e cando estés a ler o libro dixital.

 

 

Manuel Rivas fala para EbiblioDaCoruna Club Lector animándonos a todos a participar, xa que compartir as nosas lecturas é compartir os nosos soños:

 

Pedro Feijoo fala para EbiblioDaCoruna Club Lector agradecendo o interese pola literatura:

 

María Canosa fala para EbiblioDaCoruna Club Lector sobre a literatura e a lectura:

 

Recordamos que para participar nas lecturas en línea é necesario ser socio/a da biblioteca dixital EBIBLIODACORUNA.

Se xa formas parte da EBIBLIODACORUNA entra no club https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/ e únete con nós ás lecturas.

 

Máis información : biblioteca.info@dacoruna.gal e no teléfono 981 081 176

 

Guía breve EbibliodaCoruna Club Lector

 

A coordinadora do club Patricia Cernadas comenta a experiencia do Club:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *