Como celebramos o Día Mundial do Teatro dende a casa

Publicado el

En 1961, o Instituto Internacional do Teatro da UNESCO decidiu organizar unha xornada internacional para celebrar unha das artes coas que máis se identifica o ser humano: o teatro. A elección desta data debeuse a que, desde 1954, o 27 de marzo iniciaba a tempada no Teatro das Nacións de París, evento co que, ademais, pretendíase lograr unha comuñón entre países despois de finalizada a Segunda Guerra Mundial, en días da reconstrución europea.

Cada ano elíxese a unha figura prestixiosa do mundo teatral para compartir unha mensaxe sobre esta arte, a cultura e a paz. Este é un momento que o Instituto Internacional do Teatro e a UNESCO consideran fundamental, por iso esta mensaxe é lido antes dos actos do Día Internacional do Teatro en centos de salas ao redor do mundo, e é traducido a máis de viente idiomas.

 

O primeiro que o pronunciou foi o poeta, dramaturgo e cineasta francés Jean Cocteau . Despois, outros nomes destacado seguíronlle como Arthur Miller, Laurence Olivier, Pablo Neruda, Richard Burton, Antonio Gala, Humberto Orsini, John Malkovich ou Darío Fo.

 

Fragmento do discurso lido polo dramaturgo paquistaní Shahid Nadeem: Ás veces dicímonos de broma; “Os malos momentos son bos para o teatro”. Non hai escaseza de desafíos para ser enfrontados, nin contradicións a ser expostas e status quo que subverter. O meu grupo de teatro Ajoka e eu estivemos camiñando pola corda frouxa por máis de 36 anos. De feito, o estar na corda frouxa, manter o equilibrio entre entretemento e educación, entre investigar e aprender do pasado e prepararse para o futuro, entre a libre expresión creativa e os enfrontamentos aventureiros coa autoridade, entre o teatro socialmente crítico e teatro financeiramente viable, entre chegar ás masas e estar á vangarda: un pode dicir que un creador de teatro ten que saber conxurar, ser un mago.

Nesta ligazón atoparedes moitas propostas para que, a pesar de todo, podamos celebrar e gozar co marabilloso mundo da representación. Espero que algunha se adapte ao que, un día como hoxe, desexariades ver.

Celebra el Día Mundial del Teatro na casa:

https://elpais.com/tematicos/2020/03/25/elpaismas/1585157111_628546.html

El teatro deja la luz encendida en la Red:

https://elpais.com/cultura/2020-03-26/el-teatro-deja-la-luz-encendida-en-la-red.html

E dende a Biblioteca Provincidal da Deputación da Coruña propoñemos que compartades  un ratiño de teatro cos demáis.

No club virtual EbiblioDaCoruna podes colgar e comentar teatro  co resto de participantes, na EbiblioDacoruna ( a biblioteca dixital da Deputación) podes prestar libros no carrusel especial que preparamos para esta ocasión. Tamén hoxe na nosa campaña de animación á lectura #untítuloaodía recomendamos unha obra. E ti, anímaste con nós a celebrar este 27 de marzo, Día Mundial do Teatro.

 

https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es

 

#Diadoteatro#DiaMundialDoTeatro #aculturagalegasegue #quedanacasaele #yomequedoencasa #covid19

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *