Comezo do EbiblioDaCoruna Club Lector

Publicado el

O vindeiro martes 12 de febreiro iniciamos un novo proxecto: o club de lectura virtual EbibliodaCoruna Club Lector. Un club sen barreiras temporais nin espaciais accesibles as 24 horas desde calquera lugar da provincia da Coruña.

Podes a continuación un vídeo no que Manuel Rivas anima a todos os lectores a participar no club de lectura, que ademáis arrancará coa lectura da súa obra “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste”:

 

QUE É?

EbibiodaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes.

En definitiva, un club de lectura virtual aberto as 24 horas no que pode participar calquera persoa usuaria do servizo de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.

 

COMO FUNCIONA?

O club de lectura divídese en dúas salas, “Arredor dos libros” dedicado a escritores galegos, e “Compartiendo lecturas”, no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán.

Está moderado por unha persoa cualificada con moitos anos de experiencia moderando clubs de lectura e impartindo clases de español e galego. Os clubs de lectura tamén teñen o soporte do persoal técnico da Biblioteca da Deputación.

A programación das lecturas no club para os vindeiros meses é a seguinte:

 

Arredor dos libros:

  • “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste”, de Manuel Rivas. Comeza o 12 de febreiro.
  • “A memoria da choiva”, de Pedro Feijoo. Comeza o 16 de abril.
  • “Insolación”, de Emilia Pardo Bazán. Comeza o 11 de xuño.

 

Compartiendo lecturas:

  • “Los pacientes del doctor García”, de Almudena Grandes. Comeza o 28 de febreiro.
  • “Poesía reunida”, de Ida Vitale. Comeza o 4 de abril.
  • “La uruguaya”, de Pedro Mairal. Comeza o 28 de maio.

 

QUEN PODE PARTICIPAR NO CLUB?

Calquera persoa usuaria da EbiblioDaCoruna (o servizo de préstamo dixital da Biblioteca da Deputación).

Para acceder só é preciso cumprir os seguintes requerimentos:

Se as cumpres, accede ao club lector premendo nesta ligazón: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es

E identifícate no apartado “Iniciar sesión” coas túas claves da EbibliodaCoruna.

 

 

COMO UNIRSE A UN CLUB E PARTICIPAR?

Unha vez que te identifiques no apartado “Iniciar sesión”, xa podes comezar a seguir calquera dos dous clubs, premendo en “Seguir”.

Na pestana Información aparece a programación do club para os vindeiros meses e unhas breves indicacións de uso.

Na pestana Lecturas pódese tomar en préstamo o libro, que estará dispoñible a partir do mesmo día en que comeza o club.

Nas pestanas Foro, Chat e Citas podes contestar ás conversas que abre a persoa moderadora, chatear co resto de participantes no club, e compartir as túas frases favoritas do libro.

 

 

ONDE ATOPAR INFORMACIÓN?

O funcionamento da plataforma é sinxelo e intuitivo. Toda a información necesaria para participar no club podes atopala na páxina web da Biblioteca no apartado EbiblioDaCoruna Club Lector.

Tamén tes aquí unha guía breve de uso do EbiblioDaCoruna Club Lector: Guia breve EbibliodaCoruna Club Lector

Se aínda tes dúbidas, podes demandar atención personalizada de información no enderezo de correo biblioteca.info@dacoruna.gal e no teléfono 981 080 176. Tamén de xeito presencial na sala de Préstamo e Información no primeiro andar da Biblioteca en Riego de Agua 37, A Coruña.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *