Comeza o club de lectura dixital

Publicado el

Informámoste de que o vindeiro 1 de outubro retomamos a actividade do Club de Lectura dixital, coas seguintes lecturas:

 

· El orden del día de Éric Vuillard. Comeza o 1 de outubro (na sala Compartiendo lecturas).

· Aqueles días en que eramos malas de Inma López Silva. Comeza o 14 de outubro (nesta sala).

· El asesino tímido de Clara Usón. Comeza o 19 de novembro (na sala Compartiendo lecturas).

· Retrincos e Un ollo de vidro de Castelao. Comeza o 9 de decembro (nesta sala).

 

Para participar só necesitas:

– Estar de alta na EbibliodaCoruna. Date de alta aquí.

– Ter un dispositivo para ler (ordenador, tableta, móbil).

– Entrar en ebibliodacorunaclub.odilotk.es, identificarse coas claves da EbiblioDaCoruna, e darlle a seguir ao club.

– Coller o libro prestado desde a pestana «Lecturas» dentro do propio club, ou ben telo en papel, e comezar a participar.

 

O botón «Prestar» para tomar en préstamo o libro que se vaia a ler en cada momento aparecerá na pestana «Lecturas» o día do comezo da lectura de cada libro.

 

Máis información no apartado «EbiblioDaCoruna Club Lector» da web. E se continúas tendo dúbidas, escríbenos a biblioteca.info@dacoruna.gal ou chámanos ao 981 080 176 en horario de luns a venres de 8:30 a 14:00 h.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *