Club de poesía “Catro poetas magas: influencia das Vangardas na poesía galega”

Publicado el

Club de poesía “Catro poetas magas: influencia das Vangardas na poesía galega”, guiado por Xoán Abeleira. Duración de 12 sesións que terán lugar todos os xoves de 19:00 a 20:30 h, entre marzo e maio.

Reserva a túa praza o 1 de marzo ás 10:30 h.
Para reservar praza, acudir co carné de socio á Sección Xuvenil da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña o venres 1 de marzo ás 10:30 h.

Para a inscrición respectarase a orde de chegada, e terán preferencia os socios. Reservaranse prazas para facer a reserva por teléfono chamando ao 981 080 171 a partir das 11:30 h do mesmo día 1 de marzo. Reservarase unha praza por persoa.

Curso gratuito. Todas as persoas que falten máis de dúas veces quedarán excluídas da actividade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *