Club de lectura poética

Publicado el

Club de lectura poética impartido por Xoán Abeleira.

12 sesións

Datas: os xoves de outubo, novembro e decembro

Horario: de 19:00 a 20:30 h

Prazas: 15 persoas

Data de comezo: 7 de outubro

 

INSCRICIÓN NO CLUB DE LECTURA POÉTICA:

Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición no taller de Lectura Poética (é necesario ter o carné da biblioteca a man). A páxina para inscribirse ás actividades activarase o día 30 de setembro ás 10:30 h.

Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.

Reservaranse prazas (5 prazas) para facer a inscrición por teléfono chamando o 30 de setembro ao 981 080 171, en horario de 10:30 a 12:30 h (para as persoas que non dispoñen de medios electrónicos).

Nuns días, ás persoas que obtivesen a praza, comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.

 

 

Comunicamos que a Biblioteca adoptará todas as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación en función da evolución da situación sanitaria.

Así mesmo, a Biblioteca esixirá a todas as persoas que asistan o cumprimento das normas establecidas.

 

Teléfono Biblioteca Infantil e Xuvenil: 981 080 171

Teléfono Información: 981 080 176

Correo: biblioteca.info@dacoruna.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *