Circe ou o pracer do azul no Club de Lectura Dixital

Publicado el

 

Seguimos coas actividades de marzo en feminino e hoxe comezaremos a lectura desta obra de Begoña Caamaño, que reconstrúe os mitos clásicos pero desde a persectiva das mulleres obxecto, trofeo ou regalo. Unha novela na que Circe e Penélope entablan unha relación epistolar a raíz de Ulises, e que leva a repensar o mito.

Nesta novela Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.

 

Desde o propio club de lectura dixital  podes tomar en préstamo o libro  e comentar, citar, chatear co resto de participantes.

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ).

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Podes ver todas as actividades da Biblioteca para este mes no que resaltamos a figura femenina en toda a programación en http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/8-de-marzo-mulleres-e-literatura/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *