Centenarios na Fonoteca

Publicado el

Este mes de xullo cúmprense 100 anos do nacemento de dous grandes persoeiros do século XX: o sueco Ingmar Bergman (14 de xullo de 1918 – 31 de xullo de 2007) e o surafricano Nelson Mandela (18 de xullo de 1918 – 5 de decembro de 2013)

 

 

Bergman, cineasta, escritor e dramaturgo está considerado coma unha das figuras clave do cinema do século pasado. Galardoado con numerosos premios, a súa filmografía intimista, lenta, recréase nos conflictos internos das súas personaxes.

Na Fonoteca atoparedes 22 películas que non vos deixarán indiferentes. A nosa preferida é Fanny e Alexander. Cal é a túa?

 

 

Nelson Mandela, avogado, liderou o movemento contra o apartheid, foi encarcerado durante 27 anos. Ostentou o cargo de presidente de Suráfrica de 1994 a 1999.

 

 

Tamén esta semana cúmprense cen anos da execución en Ekaterimburgo (Rusia) do zar Nicolás II e da súa familia (17 de xullo de 1918). Na biblioteca atoparedes abundante bibliografía sobre a historia dos Romanov e películas como a oscarizada Nicolás y Alejandra, dirixida por Franklin J. Schaffner en 1971.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *