Cen anos de Delibes

Publicado el

Nace en Valladolid, en 1920. Despois de cursar estudos en Comercio e Dereito, matricúlase na escola de Artes e Oficios, o que lle permite entrar a traballar en El Norte de Castilla como caricaturista. Con todo, foi coa súa muller, Ángeles de Castro, coa que se iría introducindo no mundo da literatura: despois de casar, escribe La sombra del ciprés es alargada, a súa primeira novela, coa que consegue acadar o premio Nadal.

Miguel Delibes e Ángeles de Castro

Deseguido sucedéronse os títulos: El camino, Las ratas, Cinco horas con Mario, Los santos inocentes, El hereje… e os recoñecementos: Académico da Real Academia Española, Premio Príncipe de Asturias das Letras, Doutor Honoris Causa polas Universidades de Valladolid e Complutense de Madrid, Fillo predilecto de Valladolid, Premio Miguel de Cervantes, Premio Nacional das Letras Españolas…  As súas obras traducíronse a infinidade de idiomas e moitas delas foron levadas ao cinema e ao teatro.

Os Reis de España visitando a Delibes no seu domicilio de Valladolid

Por mor da morte da súa muller en 1974, cae nunha profunda melancolía que o acompañará no resto da súa vida. A ela dedícalle a obra Señora de rojo sobre fondo gris.

Delibes escribindo. Ao fondo un cadro de Ángeles de Castro, de vermello, sobre fondo gris

Cazador, amante da natureza e o mundo rural, centra a meirande parte da súa obra no modo de vida e costumes das vilas castelás. Foi pioneiro abordando temas que hoxe son de plena actualidade: a protección do medio ambiente e a España baleirada. O seu discurso de ingreso na Real Academia Española, El sentido del progreso desde mi obra, é toda unha alegación a favor do ecoloxismo e contra o progreso entendido como malgasto e destrución da contorna. O seu fillo, Miguel Delibes de Castro,  é un dos máis senlleiros referentes no ámbito da ecoloxía no noso país.

Delibes no seu estudio

Malia que comeza a traballar  en El Norte de Castilla como caricaturista, ao tratarse dun xornal de tirada modesta, pronto tivo que axudar a escribir artigos e finalmente terminará como director. Os seus problemas coa censura en distintos momentos, faranlle levar á literatura os temas que non lle permitían publicar como xornalista: é o caso de Las ratas, escrito pola censura á que eran sometidas as noticias que amosaban a precariedade dos traballadores do campo.

Miguel Delibes coa redacción de El Norte de Castilla

Será principalmente ese o motivo polo que se retirará do xornalismo, chegando mesmo a rexeitar a dirección do diario El País, a pesar da insistencia dos fundadores, que mesmo lle ofreceron un coto de caza en Madrid. Publicou, con todo, artigos en distintos xornais. En Diario 16, coincidirá cun xove César Antonio Molina.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sobre a publicación dun artigo que non era da súa autoría en Diario 16.

 

Ámbolos dous autores, tiveron moitos puntos en común: traballaron xuntos en Diario 16, onde César Antonio Molina dirixiría o suplemento Culturas, do mesmo xeito que Miguel Delibes o fixo en El Norte de Castilla. Como director do Instituto Cervantes, César Antonio Molina abrirá a biblioteca do Centro de Moscova co nome de Miguel Delibes. Desgraciadamente, os seus problemas de saúde impediranlle asistir á inauguración. Tamén os dous son escritores de literatura de viaxes, aínda que Delibes abandonara este xénero trala morte da súa dona, Ángeles de Castro.

Delibes rexeitando acudir á inauguración do Centro de Moscova co seu nome, por motivos de saúde

 

César Antonio Molina visita a Delibes no seu domicilio de Valladolid

 

Fotografías: Fundación Miguel Delibes

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *