A EbiblioDaCoruna aberta (descarga libremente a nosa biblioteca dixital)

Publicado el

  A Cultura é un dereito, pero aínda máis nestes días nos que todos estamos confinados sen máis recursos que os accesibles desde os nosos fogares. Por iso, desde a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña queremos ser unha ventá aberta á lectura para toda Galicia. Como medida excepcional namentres dure o estado de alarma, … Continuar leyendo «A EbiblioDaCoruna aberta (descarga libremente a nosa biblioteca dixital)»

12 de maio. Día escolar das matemáticas

Publicado el

As matemáticas… esa ciencia dedutiva que estuda propiedades e relacións… esa linguaxe que parece utilizar o universo e que nos permite tentar entender o seu funcionamento… esa materia escolar tan admirada por uns e tan odiada por outros… odiada? Como é posible odiar as matemáticas? A continuación deixámosvos unha guía con libros alucinantes para nenos … Continuar leyendo «12 de maio. Día escolar das matemáticas»

Día das Letras Galegas 2020

Publicado el

Aínda que, como xa sabedes, a celebración institucional para homenaxear a Ricardo Carballo Calero se vai trasladar ao 31 de outubro, o 17 de maio segue a ser o día de referencia para conmemorar a efeméride, e desde a propia Real Academia Galega instan a aproveitar as ferramentas dixitais para facelo. Desde a Biblioteca non … Continuar leyendo «Día das Letras Galegas 2020»

“EU♥UE”: Celebramos o Día de Europa con #LiteraturaUE ao teu alcance na Biblioteca Provincial.

Publicado el

Compartimos a selección de recursos dispoñibles na #ebibliodacoruna  para celebrar o Día de Europa. Trátase dun carrusel de obras e autores europeos para fomentar a lectura de literatura europea, baixo o título da campaña EU♥UE – Europe Direct A Coruña. «EU♥UE» está orientada a animar á cidadanía a achegarse á Unión Europea a través da … Continuar leyendo «“EU♥UE”: Celebramos o Día de Europa con #LiteraturaUE ao teu alcance na Biblioteca Provincial.»

Ciberseguridade en tempos do COVID-19

Publicado el

Debido á situación de confinamento que estamos vivindo, boa parte das persoas adultas vense obrigadas a teletraballar desde os seus fogares, pero tamén a mocidade accede á rede a través dos dispositivos electrónicos para poder facer as tarefas de clase. Desde a Biblioteca en colaboración con Trainnova, dedicamos este mes de maio a consellos de … Continuar leyendo «Ciberseguridade en tempos do COVID-19»

Nova lectura no club dixital: Cien años de soledad

Publicado el

Entre o 7 de maio de o 23 de xuño estaremos lendo o libro «Cien años de soledad» do Premio Nobel de 1982 Gabriel García Márquez, no club «Compartiendo lecturas». Un clásico xa da literatura hispanoamericana, das obras máis lidas e traducidas, que xira arredor da familia Buendía e do pobo de Macondo. Se sempre quixeches ler esta … Continuar leyendo «Nova lectura no club dixital: Cien años de soledad»

Día de Europa #EU♥UE

Publicado el

  O vindeiro 9 de maio celebramos a paz e a unidade do continente no Día de Europa, na data de aniversario da declaración de Schuman, que se considera o xermolo da Unión Europea. Para celebrar o día, en colaboración con Europe Direct Coruña, levamos a cabo a campaña “EU♥UE”: Celebramos o Día de Europa … Continuar leyendo «Día de Europa #EU♥UE»

Día da Nai

Publicado el

Nai non hai más ca unha… #nai non hai mais ca unha… pero cada unha co seu aquel que a fai única Como a #nai que desvela como evitou a desesperación pese ao esgotamento, ós nervos, ás carreiras… e desvela que o che pasa (ou che pasou) pásalle a tódalas #nais. Como a #nai que … Continuar leyendo «Día da Nai»

Boletín de novidades do mes de abril

Publicado el

Xa está dispoñible o boletín de materiais que pasaron a formar parte dos fondos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante o mes de abril de 2020. Aínda que agardamos poder volver pronto, este mes só recollemos as novidades dixitais, que son ás que podemos ter acceso desde a casa. Hai recursos para persoas adultas, mozas, … Continuar leyendo «Boletín de novidades do mes de abril»