Cartas inéditas de Álvaro Cunqueiro e Vicente Aleixandre. Arquivo CAM

Publicado el

 

 

“La historia de las letras ha recuperado, y poco menos que por azar, dos textos inéditos de Álvaro Cunqueiro y del premio Nobel de Literatura Vicente Aleixandre. Se trata, en ambos casos, de cartas escritas en los años setenta del pasado siglo (la de Alexandre de 1976, y la de Cunqueiro de finales del 73 o tal vez de comienzos del 74) y en las que se habla de César Antonio Molina y de su irrupción en el mundo de la creación literaria.”

Loureiro, Ramón: “Aparecen dos cartas inéditas de Cunqueiro y

Vicente Aleixandre”(La Voz de Galicia. 3 de julio de 2019)

No artigo escrito por Ramón Loureiro, que foi publicado en La Voz de Galicia este mes de xullo  fálase do inesperado achado de dúas carta inéditas dentro do arquivo persoal de César Antonio Molina e Mercedes Monmany: unha delas escrita por Álvaro Cunqueiro, mestre da novela fantástica galega e outra asinada por Vicente Aleixandre, poeta que recibiu o Premio Nobel de Literatura, máximo galardón internacional outorgado ás Letras.

As dúas cartas falan sobre “Épica”, o primeiro poemario de César Antonio Molina, que empezaba a irromper por aquel entón no mundo da poesía.

 Don Álvaro encomia a entonación e anímao a perseverar, xa que “la poesía, o es un lujo, un divertimento, o es una experiencia larga y difícil” e ofrécelle a súa axuda para o que necesite. Aínda que a carta foi enviada ao pai de César Antonio Molina, non sería o seu primeiro encontro, xa que este xa lle entrevistou na súa época xuvenil.  Posteriormente volvería facelo innumerables veces e a relación manterase ata os últimos días de vida de Álvaro Cunqueiro.  Ler en pdf: Carta de Álvaro Cunqueiro a César Antonio Molina

Acompañamos esta publicación con unha Entrevista de César Antonio Molina a Álvaro Cunqueiro para a publicación  Nova Xente, no ano 1969, e que editaba César Antonio Molina

Vicente Aleixandre, pola súa banda, dille que el escribe pouquísimas cartas, pero quere darlle a súa opinión sobre “este hiriente libro, que despierta en el interior no sé qué punzantes indagaciones y conocimientos, una lastimada palabra que tiene al mismo tiempo luz alumbradora y oscuridad de los temas que visita en su ahondamiento” e que  “tiene una coherencia de estilo que indica el camino que el poeta ha hecho”. Ler en pdf: Carta de Vicente Aleixandre a César Antonio Molina

Tampouco Vicente Aleixandre será o último Premio Nobel de Literatura co que César Antonio Molina teña unha relación epistolar. No seu arquivo pódense atopar cartas de Camilo José Cela, José Saramago e Mario Vargas Llosa, quen á súa vez ten unha gran relación de amizade con Mercedes Monmany.

Esta documentación está dispoñible para a súa consulta na Sala de César Antonio Molina e Mercedes Monmany, no segundo andar da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *