Carmen de Burgos: a voz silenciada

Publicado el

«Me aseguran que muy en breve se fundará en Madrid un ‘Club de matrimonios mal avenidos’, con objeto de exponer sus quejas y estudiar el problema en todos sus aspectos, redactando las bases de una ley de divorcio que se proponen presentar en las Cámaras».

Colombine [Diario Universal , 20 de decembro de 1903]

“En España solo existe este plebiscito del Heraldo para conocer la opinión, indiferente a este asunto en su mayoría. Los 4.962 votos se clasifican como sigue:  — ¿Debe concederse el voto a la mujer? No, 3.640. Si, 922. — ¿Debe ser extensivo a todas el sufragio? No, 815. Sí, 107. — ¿Pueden ser elegibles? No, 68. Sí, 39. Queda moralmente derrotado el sufragio femenino. ¡Verdad es que la inmensa mayoría de los electores han sido hombres!”

Colombine [Heraldo de Madrid, 25 de novembro de 1906]

 

Carmen de Burgos (1867-1932) era, á súa morte, unha das referencias culturais senlleiras en España, entroncando coa Xeración do 98 e coa Idade de Prata da escritura española. Participou de todos os movementos intelectuais da época. Foi xornalista, escritora de ensaios e novelas e tamén tradutora. Publicou en diarios do todo o mundo e as súas obras foron traducidas a múltiples idiomas.

Con todo, tiña todos os requisitos necesarios para que a súa longa relación de pseudónimos (Colombine, Perico el de los Palotes, Raquel, Gabriel Luna, Honorine, Marianela, etc.)  fose incluída na lista de autores prohibidos da ditadura franquista: sufraxista, defensora do divorcio, masona, atea, afiliada ao Partido Radical Socialista, presidenta da Cruzada de Mujeres Españolas e da Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispanoamericanas, vicepresidenta da Izquierda Republicana Anticlerical e, por suposto, a primeira muller xornalista e tamén correspondente de guerra da súa época. Xunto a Emilia Pardo Bazán, foi unha das poucas mulleres de referencia no seu tempo.

Tras fuxir dun matrimonio frustrado, logrou ser redactora do Diario Universal, cunha columna titulada Lecturas para la mujer, que foi o seu cabalo de Troia para expandir os seus ideais: mesturaba astutamente os temas máis banais, como moda e modais, con ideas de igualdade laboral ou dereito de acceso aos estudos para as mulleres. Como xornalista realizou dúas enquisas de opinión que serían a base dos cambios lexislativos que posteriormente levarían a cabo durante a República: unha, sobre o divorcio, que alcanzou amplo consenso e veríase consumada na Ley española de divorcio de 1932;  e a segunda, sobre o sufraxio feminino, que sufriría unha estrepitosa derrota. Tras isto, crearía a primeira organización sufraxista en España, facilitándolle o traballo a Clara Campoamor, que máis de vinte anos despois, vería cumprido o seu desexo de voto o 19 de novembro de 1933.

Canal Sur estreou a documental Carmen de Burgos: una voz silenciada, que reconstrúe a súa vida e tenta recuperar a súa memoria. César Antonio Molina, que participa nel, afirma que o seu papel no xornalismo foi moito máis importante ao que se lle deu no seu momento.  Durante este mes o número de homenaxes na súa memoria en España irase multiplicando por diferentes rexións. Afortunadamente, aínda non é tarde para recuperala, situándoa no lugar na historia que lle corresponde por dereito.

Podes ver o documental completo aquí: La voz silenciada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *