“Calmas de enero” de César Antonio Molina

Publicado el

MI lápida sobre

la tuya. Y en medio

el abedul que nos sostiene.

Molina, César Antonio: “Cementerio judío de Varsovia”. En Calmas de enero.

 

Manuscrito orixinal de “Calmas de enero”

Cando hai un ano César Antonio Molina atopábase visitando o Castelo de Bellver, en Palma de Mallorca, unhas mozas estaban a ensinar a fortificación a uns amigos que, sorprendidos polo clima cálido no inverno, preguntáronlles se iso era habitual, ao que elas contestaron que eran as «Calmas de enero». Así tomou forma o título do novo poemario de César Antonio Molina, editado por Tusquets.

Sen saír do seu estilo propio e persoal, con claras influencias do culturalismo, César Antonio Molina nárranos o “regreso a casa” tras unha vida enteira ao longo do camiño. Un camiño que nos leva a través da lectura do libro a percorrer mundo por lugares tan dispares como Roma, Flandes, París, Alexandría, Washington e, por suposto, Galicia, lugar omnipresente na súa obra.

 

 

Encontro con César Antonio Molina na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany da Biblioteca Provincial da Deputación no Día da Poesía o 21 de abril de 2018

 

O libro é o resultado da utilización da poesía para a meditación filosófica sobre a existencia mesma: unha guía de viaxe pola propia vida, onde cada poema é un mapa. Tamén trata do regreso e do descanso tras o prolongado camiño. Un libro que nos penetra nas entrañas da poesía, o amor e o percorrer do tempo, e fálanos da tranquila calma tras o paso da tempestuosa mocidade.

 

 

 

 

Este libro de César Antonio Molina, así como todo o resto da súa obra, tanto editada como orixinal, é consultable na Sala César Antonio Molina, no segundo andar da Biblioteca Provincial.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *