Boto de menos a Biblioteca. Cómo organizo os libros da miña casa

Publicado el

INFANTIL E XUVENIL

Boto de menos a Biblioteca… O seu espazo acolledor… Os seus andeis cheos de libros… Os seus libros… si,… eses libros tan ordenados… Xasei… Que vos parece se facemos unha pequena biblioteca na nosa casa? Perfecto.

O primeiro que temos que facer é mirar que libros van formar parte da nosa biblioteca. Tédelos? Moi ben.

En segundo lugar, imos separar en función de si son libros de información (para aprender cousas) ou libros de literatura (narrativa, poesía, teatro, cómic).

En terceiro lugar, imoscoller un folio e recortalo en pequenos rectángulos que suxeitaremos con fixona parte de abaixo do lombo dos libros, como a etiqueta que llespoñenna biblioteca. Se non temosfixo, podemos recortar tiras un poucomáis longas, dobrámolas e metemos un anaco por dentro do lombo para que se aguante e non caia. Neste caso, quedaría na parte superior.

Que imos poñer neses rectángulos de papel?Pois vexamos, se son libros de narrativa poñeremos un N en maiúscula, debaixo as tres primeiras letras do apelido do autor do libro en maiúsculas e debaixo as tres primeiras letras do título do libro en minúsculas. ( Ex: Se o libro é: “Me abuuurro…” de Claude K. Dubois, poñeremos: N DUB mea)

Se o libro é de poesía, teatro ou cómic, seguiremos os mesmos pasos que no caso do libro de narrativa, pero cambiaremos o N por P (se o libro é de poesía), T (se o libro é de teatro) ou C (se o libro é de cómic).

Agora, sótemos que colocar os libros que temos en 4 bloques ( N, P, T e C) por orde alfabética cada un (primeiro polas letras do autor e despoispolas letras do título de cada libro).

Xenial! Xa temos media biblioteca montada.

Agora só quedan os libros de información.

Nas etiquetas (rectángulos de papel) dos libros de información continuaremos poñendo na segunda fila as tres primeiras letras do autor do libro en maiúsculas e na terceira fila as tres primeiras letras do título do libro en minúsculas. Pero, que poñeremos na primeira fila?Pois, en lugar do N, P, T ou C, poñeremos un número. Este número indicaranos o tema do libro.

Así, poñeremos un:

0_ para os dicionarios, enciclopedias e libros de curiosidades,

1 _para os libros de filosofía e psicoloxía, libros de pensar e sentir como os libros de emocións,

2_para os libros de relixión, e mitoloxía,

3_ para os libros de ciencias sociais, costumes e folclore. Aquí irían os libros de chistes, adiviñas e os de aprender a ler,

5_ para os libros de ciencias puras e naturais: aquí irían os libros do medio ambiente, ecoloxía, matemáticas, astronomía, física e química, animais, plantas, dinosauros,…

6_ para os libros de ciencias aplicadas: aquí irían os libros do corpo humano, saúde, medios de transporte, cociña,

7_para os libros de artes, deportes e diversión: por exemplo libros de manualidades, debuxo, pintura, arquitectura, música, cinema, maxia, deportes, xogos (como os libros de buscar, de labirintos, xogosvisuais,…),

8_ para os libros de lingua como os libros de contrarios

9_ para os libros de xeografía, biografías e historia e prehistoria, así como para os atlas

A orde iría primeiro polo número e dentro de cada número por orde alfabética, seguindoprimeiro as tres primeiras letras do autor e dentro de cada autor as tres primeiras letras do título.

Tamén poderiamos facer dúas tarxetas por cada libro que podemos poñer, por exemplo en dúas caixas de zapatos. Nunha caixa poñeriamos as tarxetas por orde alfabética do título do libro e na outra, por orde alfabética do apelido do autor. Así, se queremos buscar un libro nanosa biblioteca podemos ir ás nosas caixas ficheiro e ver onde o temos colocado.

( Ex por autor: Dubois, Claude K.

Me abuuurro…

N DUB mea

Ex por título: Me abuuurro…

Dubois, Claude K.

N DUB mea)

E listo!!!!Xa temos a nosa propia biblioteca en casa!Agora só queda escoller un libro e empezar a gozalo.

Se queredes podedes mandarnos fotos de como quedaron as vosas bibliotecas para compartilas no noso Facebook e Instagram.

Tamén podedes mandarnos algunha recomendación, comentario dalgún libro ou mesmo algunha lectura para compartir nas nosas redes sociais.

Animádevos!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *