Boletíns informativos diarios sobre o COVID-19

Publicado el

A Sección de Prevención de Riscos Laborais da Deputación da Coruña elabora a diario, desde o pasado 19 de marzo, un boletín informativo sobre diferentes accións que podemos levar a cabo no tocante á crise polo Coronavirus COVID-19. Estes boletíns abarcan aspectos como a correcta hixiene nas nosas casas, as condicións de teletraballo, a conciliación laboral e familiar no fogar, recomendacións para enfermos crónicos ou as persoas maiores, indicacións para distinguir novas falsas, etc.

Coa colaboración da devandita Sección, actualizaremos esta entrada cos boletíns que se vaian publicando e que consideramos de interese non só para o persoal da Deputación, senón para todas as persoas que nestes momentos estamos a atravesar esta situación.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *