Boletín de novidades de xuño

Publicado el

Xa está dispoñible o boletín de materiais que pasaron a formar parte dos fondos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante o mes de xuño de 2020. Con esta guía podes coñecer as últimas incorporacións á Biblioteca na seccións de adultos, libros dixitais, fonoteca, sección xuvenil e BBTK infantil.

Para levar en préstamo libros, música, películas… é preciso buscar previamente o recurso, ben no catálogo en liña, ben nas guías de novidades ou ben preguntando ao Servizo de Información da Biblioteca.

Lembrámosvos que aumentamos o total de préstamos por persoa ao dobre. Consulta cantos materiais podes levar prestados aquí: Préstamo

Para acceder ós contidos dixitais, é preciso estar de alta na EbiblioDaCoruna. Se es usuario de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña, ou da Biblioteca da Deputación, podes solicitar a túa alta aquí: Alta no préstamo electrónico

Consulta e descarga aquí o boletín: Boletín de novidades xuño 2020. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *