Boletín de novidades de agosto

Publicado el

Xa está dispoñible o boletín de materiais que pasaron a formar parte dos fondos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante o mes de agosto de 2019. Con esta guía podes coñecer as últimas incorporacións á Biblioteca na seccións de adultos, libros dixitais, películas, música, sección xuvenil e BBTK infantil.

 

Para levar en préstamo libros, música, películas… é preciso buscar previamente o recurso, ben no catálogo en liña, ben nas guías de novidades ou ben preguntando ao Servizo de Información da Biblioteca.

Lembrámosvos que o  total de préstamos co carné de adult@ é de 15 por persoa. Poden facerse combinacións cos materiais para público adulto e infantil e tamén ata 5 documentos en formato electrónico; e o  total de préstamos co carné infantil é de 7 por persoa máis 5 documentos electrónicos se a persoa usuaria é maior de 15 anos.

Para acceder ós contidos dixitais, é preciso estar de alta na EbiblioDaCoruna. Se es usuario de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña, ou da Biblioteca da Deputación, podes solicitar a túa alta aquí: Alta no préstamo electrónico

Consulta e descarga aquí o boletín: Boletín de novidades de agosto 2019. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *