Aviso sobre o peche ao público da Biblioteca Provincial

Publicado el

 

Comunicamos que ante as actuais circunstancias de impulso de medidas de contención do Coronavirus COVID19 a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña permanecerá pechada ao público ata novo aviso. O prazo de devolución dos préstamos queda tamén en suspenso mentres continúe o peche do centro. Os talleres e actividades quedan aprazados ata novo aviso.

Lembrade que todos os servizos non presenciais continúan funcionando: a EbiblioDaCoruna, o club lector dixital EbiblioDaCoruna Club, a información a través da páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca, e a atención a través do correo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal.

 

Categorizado como: Blog

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *