Autores e autoras literarios de Irixoa

Publicado el

Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co Concello de Irixoa nacidos dos no século XX. Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña.

A información  forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións. Se tes coñecemento dalgúns autor ou autora literaria do concello non dubides en poñerte en contacto con nós.

  1. Abeal, Xosé

Biografía

Xosé Abeal López naceu en Ambroa (Irixoa) no ano 1954. É un escritor galego, dedicado principalmente a poesía.

Despois de estudar o bacharelato en Betanzos, licenciouse en Filoloxía Clásica na USC. Dende o ano 1981 dedícase a ensinanza, concretamente a ser profesor de latín no IES Salvador de Madariaga da Coruña.

Obra

 

  • Ave de luz. Culleredo, A Coruña : Espiral Maior, 2008.
  • A fría escuridade do perdido. Santiago de Compostela : Follas Novas, 2015.
  • Herba do tempo. A Coruña : Espiral/Maior, 2000.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo, este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

Autores e Autoras literarias de Irixoa nados no século XX. Irixoa

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *