Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co Concello de Dodro nados no século XX.
A información forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.
Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña.
-
Abuín González, Avelino
Biografía
Nado no ano 1931. Coñecido como Abuín de Tembra. Estudou Filosofía e Letras e foi un destacado galeguista.
Foi correspondente de prensa en Lisboa e colaborou en diversas publicacións xornalísticas e coa radio galega.
Foi un dos fundadores do Pedrón de Ouro, do Premio Modesto Rodríguez Figueirido e do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.
Finou en Compostela no ano 2009.
Obra individual
- Camiños. Santiago : Atlas, 1961
- Escenarios del caos: entre la hipertextualidad y la «performance» en la era electrónica. Valencia : Tirant lo Blanch, 2006
- Home ao pairo : limiar de Benito Varela. Santiago: Abrente, 1974.
- El narrador en el teatro: la mediación como procedimiento en el discurso teatral del siglo XX . Santiago de Compostela : Universidade de Santiago, 1997
- Roldas de Compostela. A Coruña : Ediciós do Castro, 1983.
- Rosalía. Padrón, [La Coruña] : Patronato Rosalía de Castro, 1987.
- El teatro en el cine: estudio de una relación intermedial. Madrid : Cátedra, 2012
Obra colectiva
- Antología de «En las orillas del Sar», (1884-1984). [Santiago de Compostela] : Patronato Rosalía de Castro, 1984.
- Grandeza e decadencia do Palacio de Lestrove. [Santiago de Compostela] : Pousadas de Compostela, 2012.
- Na frente unha estrela, no bico un cantar. [A Coruña] : Fundación Rosalía de Castro, 2007.
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
- 1979. Cidade de Carballo.
- 1981. Galicia de Poesía.
- 1981. Premio Celso Emilio Ferreiro.
2. Angueira Viturro, Anxo
Biografía
Nado no ano 1960.
Exerce como mestre de lingua e literatura galega. Colabora no Xornal e na revista A Trabe de Ouro.
Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revista en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto ó pianista Abe Rábade e a cantante Guadí Galego.
Na actualidade é presidente da Fundación Rosalía.
Obra individual
- Bágoas de facer illas. Vigo : Xerais de Galicia, 1997.
- Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín. Vilaboa, Pontevedra : Edicions do Cumio, D.L. 1992.
- De Rosalía a Dieste : 33 anos das letra galegas. Vigo : Xerais de Galicia, 1995.
- A Espiral no espello: Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego. Vigo: Xerais, 2009.
- Fóra do sagrado. Vigo: Xerais, 2007.
- Plácido Castro, Rosalía e «Cantares gallegos». [Baiona, Pontevedra] : IGADI, D.L. 2013.
- Iria. Vigo: Xerais, 2012.
- Libro da Vertixe. Lugo: Deputación de Lugo, 1997.
- A Morte de A. Vigo : Xerais de Galicia, 2003
- Pensa nao. A Coruña: La Voz de Galicia, 2002.
- Terra de Iria : terra de Rosalía de Castro. [Vigo] : Nosa Terra, D.L. 2009.
- Val de Ramirás. Vigo: Xerais, 1996.
Obra colectiva
- Airiños aires Rosalía : [Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, do 22 de febreiro ao 30 de marzo de 2016]. [Orense] : X. Lobato, imp. 2016.
- O Valo de Manselle. Vigo: Xerais, 1996
- Vieiros : [exposición]. Santiago de Compostela : Dirección Xeral de Promoción Cultural, 2003.
- As voces da musa. [Boino, A Coruña] : Barbantia ; Ribeira, A Coruña : Bourel, [2008].
- X.L. Méndez Ferrín : [exposición]. [Ourense : Deputación de Ourense, 2005].
- Xuro que nunca volverei pasar fame : poesía escarlata. Ourense : Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2003.
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
- 1992. Certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla.
- 1998. Accésit Premio Esquío.
- 1994. Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago.
- 1996. Café Dublín.
- 1997. Xosé María Díaz Castro.
- 1999. Xerais de novela.
3. Brea Rei, Xosé Ramón
Biografía
Nado no ano 1955. Estudou Maxisterio e Filoloxía Hispánica. Escritor e investigador galego, destacan os seus traballos sobre Rafael Dieste, Xosé María Brea Segade ou Xosé Otero. Fixo colaboracións nos xornais La Voz de Galicia, El Correo Gallego e en publicacións locais.
Obra individual
- Un Reiseñor canta lonxe: Xosé María Brea Segade : o home e a obra. A Coruña: Diputación Provincial, 2003.
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.
4. Fernández Reboiras, Ramón
Biografía
Nado no ano 1961. É xornalista de profesión aínda que se dedica á escritura.
Obra individual
- Los animales del Prado. [Madrid] : Museo Nacional del Prado, D.L. 2011.
- El día de los enamorados. Madrid : Alianza Editorial, 2000.
- El guardián de las ruinas. Barcelona: Lumen, 1997.
- Hazlo por mí. Madrid: Alianza, 2000.
- Las princesas del Prado. [Madrid] : Museo del Prado, D.L. 2012.
- El resto del mundo. Barcelona: Lumen, 1999.
- Shakesperare mata o porco cunha rosa. A Coruña: Espiral Maior, 2007.
- Visita a un extraño.[s.l.]: Periférica, 2012.
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.
5. Lorenzo Baleirón, Eusebio
Biografía
Nado no ano 1962. Escritor da que pódese destacar a súa faceta poética recoñecida en diferentes certames.
Finou no ano 1986.
Obra individual
- Antología Poética. A Coruña: Espiral Maior, 2000.
- Os días olvidados . A Coruña: Algalia, 1985
- Gramática do silencio. Obra poética . A Coruña: Espiral Maior, 1996.
- A morte presentida. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1988.
Obra colectiva
- O corpo e as sombras. Ourense: Caixa Ourense, 1985.
- Libro das viaxes e dos soños. A Coruña: Vía Láctea, 1986.
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
- 1983. Premio do Concurso Nacional de Poesía O Facho, por Cunqueiro.
- 1984. Premio de Poesía Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo, por Os días olvidados.
- 1984. Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago, por Os ollos no camiño.
6. Lorenzo Baleirón, Manuel
Biografía
Nado no ano 1957. Estudou Filosofía e Historia da Arte. Dedicouse á docencia sendo mestre na educación secundaria.
Obra colectiva
Sen agardar a Ulises: vida de Rosalía. Padrón (A Coruña): Fundación Rosalía de Castro, 2013.
- Toponimia de Dodro e de Laíño : os nomes na auga. Dodro (A Coruña) : Concello de Dodro, 2011.
- Tonas de laranxa. Vigo : Xerais de Galicia, 2012.
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
-
- 2012. Cogañador xunto coa sua filla do Premio Xerais, por Tonas de laranxa.
7. Lorenzo Miguens, María
Biografía
Nada no ano 1986. Relacionada coa escritura dende que nace xa que o seu pai e Manuel Lorenzo Baleirón e o seu tío o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón. Licenciouse en Comunicación Audiovisual e estase a formar como mestra de primaria.
Obra
- Tonas de laranxa. Vigo : Xerais de Galicia, 2012.
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
- 2002. Accésit no Certame Contos para a mocidade, por Cabalos azuis.
- 2007. Accésit no Premio Carlos Casares de microrrelato, por O limoeiro.
- 2012. Cogañadora do Premio Xerais, xunto ao seu pai Manuel Lorenzo Baleirón, por Tonas de laranxa.
Autores e autoras literarios de Dodro. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña