Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co Concello de Curtis nados no século XX.
A información forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.
Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña.
1. Gómez, Guadalupe
Biografía
Guadalupe, máis coñecida como Lupe, naceu en Curtis no ano 1972.
Con trece anos marchou a estudar bacharelato á Coruña e posteriormente estudou periodismo en Santiago de Compostela.
Colabora con publicacións como El Correo Gallego y en Galicia Hoxe, ademais de escribir artigos críticos de libros e teatro.
Obra
Obra individual
- Axul e estranxeira. Sada (A Coruña) : Edicios do Castro, [2005].
- Os bigotes animados. [Santiago de Compostela] : Amastra-N-Gallar, D.L. 2009.
- Camuflaxe. Santiago de Compostela : Chan da pólvora, 2017.
- Diálogos imposíbeis. Bertamiráns, Ames, Galiza : Laiovento, 2010.
- Diario dun bar. Ames, [A Coruña] : Laiovento, 2008
- Economía sumerxida. [Santiago de Compostela] : Amastra-N-Gallar, D.L. 2009.
- Fisteus era un mundo. [Vigo] : A Nosa Terra, [2001].
- Fundido a negro. Santiago de Compostela : Amastra-N-Gallar : [2007].
- A grafía dos mapas. Noia : Toxosoutos, 2010.
- Levantar as tetas. A Coruña : Espiral Maior, 2004
- Luz e Lupe. [A Coruña] : L. Gómez, [2005] ([A Coruña] : Agencia Gráfica).
- Poesía fea. Santiago de Compostela : Noitarenga, [2000].
- Pornografía. Santiago de Compostela : Positivas, 2012.
- Quero bailar. [Santiago de Compostela] : L. Gómez, [2006] ([Santiago de Compostela] : Agencia Gráf.).
- Río de nubes. Santiago de Compostela : Amastra-N-Gallar, 2009.
- San teatro. [Santiago de Compostela] : Amastra-N-Gallar, D.L. 2009.
- Os teus dedos na miña braga con regra. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, [1999].
- O útero dos cabalos. O Burgo-Culleredo : Espiral Maior, 2005.
Obra colectiva
- Querida Uxía. [Vigo] : Tambre, [2002].
- A vida : as bolboretas queren voar : [exposición]. [Santiago de Compostela] : Concellería da Muller, [2004].
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
- Premio Johán Carballeira, por O útero dos cabalos.
- Premio Eusebio Lorenzo Baleirón¸ por Azul e estranxeira.
- Premio da Crítica de poesía galega, por Camuflaxe.
2. Penas, Ánxeles
Biografía
Nada en 1943. Destaca como poetisa, dramaturga e artista plástica. Licenciada en Filosofía e Letras, Belas Artes e con estudos de Música e Maxisterio.
Colabora con revistas como Zurgai, Serta, Festa da palabra silenciada, Clave Orión, Historia y Na revista de Internet, Eon Magazine ten unha colaboración fiase é crítica de arte de El Ideal Gallego da Coruña.
A súa obra poética está presente en varias antoloxías e revistas literarias: Palabra de muller, Poetisas galegas do século XX, Nordés, Grial, Atenea…
Obra
Obra individual
- Abelenda. A Coruña : Diputación Provincial de A Coruña, 2008.
- Amor deshabitado. A Coruña: Espiral Maior, 2008.
- Anthologie poétique. A Coruña: Espiral Maior, 2006.
- Fondo val. A Coruña: do Castro, 1982.
- Perfís e poéticas. A Coruña: Bahía, 2006.
- O santuario intocable. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1992.
- Ya soy para tu muerte. Madrid: Molinos de agua, 1980.
Obra colectiva
- Alejandro Carro : pinturas : Sala Luis Garay, Colegio Mayor Azarbe, del 17 al 31 de octubre de 2002. [Murcia : Universidad de Murcia, Vicerrectorado de Extensión Cultural y Proyección Universitaria, 2002].
- Alfonso Costa. A Coruña : Diputación Provincial de A Coruña, [2007].
- Anxos en busca de pórtico : maio-xuño, 2005, Casa da Parra, Santiago de Compostela. [Santiago de Compostela] : Dirección Xeral de Promoción Cultural, [2005].
- Con los pies en la frontera. A Coruña: Moret, 1976
- Cruce de miradas : pintura y escultura : del 27 de abril al 28 de mayo de 2010. Madrid : Casa de Galicia Madrid, D.L. 2010.
- Desde el umbral del color : del 2 al 26 de junio de 2015, [Casa de Galicia en Madrid]. [Madrid] : Xunta de Galicia, Casa de Galicia en Madrid, D.L. 2015.
- El dibujo, la realidad entre líneas : 27 de marzo a 12 de abril, Sevilla, 2003. [Sevilla] : Fundación Aparejadores, [2003].
- Julio Pujales : Pazo Municipal de Exposicións, Kiosco Alfonso, A Coruña, 14 de maio ao 14 de xuño de 2009. [A Coruña] : Concello da Coruña, [2009].
- Jorge Llorca : del 3 al 26 de febrero, 1999, Casa de Galicia, Madrid. [Santiago de Compostela] : Secretaría de la Presidencia, [1999].
- Miradas dunha torre : [sala de exposicións do Pazo Municipal, A Coruña, 31 de maio ao 26 de xuño de 2011]. [A Coruña] : Concello da Coruña, D.L. 2011.
- El origen de las pasiones : Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, A Coruña, 14 de abril de 2011. A Coruña : COAG, D.L. 2011.
- Segura Torrella : Palacio Municipal de Exposiciones Kiosko Alfonso : La Coruña, 14 de diciembre de 2004 al 9 de enero de 2005. [La Coruña] : Ayuntamiento de La Coruña, [2004].
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
- Premio das Festas Minervais da Universidade de Santiago no ano 1970.
- Festa da Cantiga da Coruña no ano 1971.
- Premio Nacional Jorge Manrique no ano 1971.
- Premio Abrente de Teatro de Ribadavia no ano 1974
- Premio Cidade da Coruña no ano 1981.
Autores e autoras literarios de Curtis. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña