Autores e autoras literarios de Corcubión

Publicado el

Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co Concello de Corcubión nados no século XX.

A información  forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.

Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña.

 

Castro del Río, Plácido Ramón

 

1. Biografía

Nado no ano 1902. Foi un escritor, tradutor e xornalista galego. En 1930 comezou a colaborar coas Irmandades da Fala. Durante a ditadura exiliouse a Londres, onde ademais de traballar durante seis anos como locutor e redactor da BBC, realizou a primeira emisión radiofónica estable en lingua galega, Galician Programme. Volveu a Galiza, onde traballou no Instituto Laboral de Vilagarcía como mestre de inglés e colaborou nos xornais Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego e o Faro de Vigo. Finou no ano 1967.

 

2. Obra

Obra individual


 Mostras da poesía de Christina Rossetti vertidas do inglés ó galego. Cambados : Familia Lede Castro, 1997.
 La Saudade y el arte en los pueblos célticos. Vigo: Imprenta «El Pueblo Gallego», 1928.
 Un galego en Irlanda. [Cambados, Pontevedra] : Fundación Plácido Castro, D.L. 2013.

Obra colectiva

 Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. Vigo : Galaxia ; [Santiago de Compostela] : Fundación Caixa Galicia, [2004].

3. Dirección páxina web persoal/blog


Existe unha fundación que leva o seu nome, a Fundación Plácido Castro, á que se pode acceder a través da seguinte ligazón http://www.fundacionplacidocastro.com/.

 

4. Premios recibidos


Debido a súa labor como tradutor, creouse o Premio de Tradución Plácido Castro, co que se recoñece a mellor tradución a lingua galega publicada na Biblioteca Virtual Bivir.

 

 

 

Lamela García, Luis

 

1. Biografía

Nado no ano 1945, estudou Náutica e traballou na Mariña Mercante. No ano 1987 foi pioneiro na restauración histórica da memoria do franquismo e o antifranquismo en Galiza desde unha actividade investigadora.
Colaborou en xornais e revistas como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Unión Libre ou Anuario Brigantino.

 

2. Obra

Obra individual


 1936, la ‘Cruzada’ en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada (A Coruña): do Castro, 2005.
 Antonio Fernández Pita: un alcalde fusilado por el franquismo. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia, 2008.
 A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada (A Coruña): do Castro, 2002.
 Crónica de una represión en la “Costa da Morte”: Cee, Vimianzo, Ponte do Porto, Corcubión, Fisterra, Zas… Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 1995.
 Escapado : do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón. Vigo: Xerais, 2009.
 Estampas de injusticia. : la guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Sada (A Coruña): do Castro, 2005.
 Foucellas: el riguroso retrato de una lucha antifranquista : 1936-1952. Sada (A Coruña) : do Castro, 1992.
 Inmolados Gallegos: Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro. Sada (A Coruña): do Castro, 1993.
 Un monumento en el Campo da Rata. Razón y génesis. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia, 2006.
 Pepe Miñones: un crimen en la leyenda, 1900-1936. Sada (A Coruña): do Castro, 1991.
 A represión da Masonería viguesa: asasinados, encarcerados, extorsioandos, depurados, exiliados, inhabilitados,… [S.l.]: A Nosa Terra, 2008.

3. Dirección páxina web persoal/blog


No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

4. Premios recibidos


 2006. Premio Faro Nerio pola súa actividade de recuperación da Memoria Histórica desa zona.
 2011. Premio de Honra de Radio Nordés-Cadena SER, tamén pola súa actividade na recuperación da Memoria Histórica.

 

Autores e autoras literarios de Corcubion. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *