Autores e autoras literarios de Cerceda

Publicado el

Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co Concello de Cerceda nados no século XX.

A información  forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.

Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña.

 

Villar Landeira, Ramón

 

1. Biografía

Nado no ano 1973. Licenciado en Filoloxía galega traballou en varios xornais como A Voz de Galicia, O Faro de Vigo e Vieiros.

2. Obra

Obra individual


 Os televisores estrábicos. Vigo: Galicia, 2014.

3. Dirección páxina web persoal/blog


No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

4. Premios recibidos


 2006. Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornella, por Arrítmicos eran os corazóns.
 2006. Premio Valle-Inclán de Relato Curto, por Arrítmicos eran os corazóns.
 2015. Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela no Concellos da Estrada

 

Autores e autoras literarios de Cerceda. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *