Autores e autoras literarios de A Coruña

Publicado el

Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co Concello de A Coruña nados no século XX.

A información  forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.

Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña.

 

Aldao, Lucía

Biografía

Lucía Aldao naceu na Coruña no ano 1982.

Iniciouse na poesía durante a súa adolescencia, á vez que tamén se dedica ao mundo musical, como cantante e guitarrista.

Dende o 2005, traballa con María Lado no ámbito da poesía escénica e colabora en diferentes ámbitos da TVG (colaboradora do programa Dillei, presentadora de galas como Poesía e Ciencia, etc.).

Ademais, colabora en publicacións como A XanelaO Ollo Público ou La Bella Varsovia.

 

Obra

Obra individual

  • Unha ducia (máis un). [La Coruña] : Labirinto de Paixóns, [2005].
  • Todo isto antes era noite. A Coruña : Apiario 2018.

Obra colectiva

  • Isto é un poema e hai xente detrás. [Santiago de Compostela] : | O Burgo (A Coruña) : Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade ; | Espiral Maior, 2007.
  • Mondoñedo é poesía, 2016. [Mondoñedo, Lugo] : Mondoñedo é … : Asociación «As San Lucas», 2016.

 

Dirección páxina web persoal/blogue

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blogue.

 

Premios recibidos

  • Premio de poesía Tanxedoira.
  • Premio de poesía Tanxedoira.
  • Premio de poesía Francisco Fernández del Riego para Nuevos Autores.
  • Premo Minerva.
  • Premio de poesía d’O Facho, polo poema Prostibularia.

 

 

 Álvarez Torneiro, Manuel

Biografía

Manuel Álvarez naceu na Coruña no ano 1932. Cursou estudos na Escola Superior de Altos Estudos Mercantís da Coruña. Despois de desempeñar varios traballos, incorporouse como xornalista en La Voz de Galicia, onde estivo 25 anos. Foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer, nos anos 50 xunto a Miguel González Garcés.

 

 

Obra

Obra individual

  • Os ángulos da brasa. Pontevedra : Kalandraka, 2012.
  • Campo segado. A Coruña : Deputación Provincial da Coruña, [2000].
  • Cenizas en el salmo. Ferrol : Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 1985.
  • Desnudo en barro. El Ferrol : Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 1983.
  • As doazóns do incendio. Santiago de Compostela : Sotelo Blanco, 1993.
  • Epicentro. [Pontevedra] : Diputación de Pontevedra, Servicio de Publicaciones, [2006]
  • Fértil corpo do soño. Ferrol : Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 1986.
  • Habitante único. [La Coruña] : La Voz de Galicia ; [La Coruña] : Espiral Maior, [2002]
  • Hablo de mi. [A Coruña?] : s.n., 1955.
  • Luz de facer memoria. A Coruña : Deputación Provincial da Coruña, [1999].
  • Memoria dun silencio. Sada, A Coruña : Ediciós do Castro, 1982.
  • Onde nunca é mañá. Pontevedra : Faktoría K de libros, 2014.
  • Parábola do incrédulo. [Pontevedra] : Diputación de Pontevedra, Servicio de Publicaciones, [2006].
  • Restauración dos días. Barcelona : Sotelo Blanco, 1986.
  • Rigorosamento humano. Pontevedra : Kalandraka, 2015.
  • Setembro Stradivarius. [Pontevedra] : Diputación Provincial de Pontevedra, Servicio de Publicaciones, 2004.
  • As voces consagradas. A Coruña : Editorial Deputación Provincial, D.L. 1992.

Obra colectiva

  • Os reinos do fulgor: antoloxía esencial (1982-2002). A Coruña : Deputación Provincial da Coruña, [2002].

 

Dirección páxina web persoal/blogue

No momento da realización deste catálogo, este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blogue.

 

Premios recibidos

  • Premio Esquío.
  • Premio González Garcés.
  • Premio de la Crítica de poesía gallega, por Luz de facer memoria.
  • Premio de la Crítica de poesía gallega, por Os ángulos da brasa.
  • Premio Ánxel Casal.
  • Premio de la Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Premio Nacional de Poesía.

 

Bárbulo, Tomás

Biografía

Tomás Bárbulo naceu na Coruña no ano 1958.

Aos 8 anos trasladouse coa súa familia a Sid Ifnim, (colonia Española ao sur de Marrocos) onde viviu ata o 1969. A partir de ese ano viviu en El Aaiún, capital de Sáhara Occidental, ata o 1975.

É membro fundador dos periódicos ExpansiónLa Gaceta de los Negocios e El Sol, ademais de colaborador en varias publicacións nacionais e estranxeiras. Traballa como colaborador no xornal El País.

 

Obra
Obra individual

  • La asamblea de los muertos. Barcelona : Salamandra, 2017.
  • La historia prohibida del Sáhara español : las claves del conflicto que condiciona las relaciones entre España y el Magreb. Barcelona : Península, 2017.

 

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

 

Barro Muñoz-Ortiz, María Teresa

Biografía

Teresa Barro naceu na Coruña no ano 1936. Estudou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid. Posteriormente trasladouse co seu marido a Londres, onde traballa como tradutora.

Realizou colaboracións en distintas revistas e xornais, como Grial, A Nosa Terra e Sermos Galiza. Actualmente vive en Lancaster (Inglaterra).

 

Obra

Obra individual

  • Cartas a Rosalía. La Coruña : Ed. Do Castro, [1981].
  • Dentro e fóra. Vigo : Migra, [2002].
  • Introducción á astroloxía. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, [1983].

Obra colectiva

  • Luz do norte : Marisa Marimón, Galería de Arte, enero-febrero 1999. [Ourense] : Pereira Arte, [1999].

Dirección páxina web persoal/blog

Posúe dous blogs, un en galego e outro en castelán, dispoñibles nas seguintes ligazóns.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.

 

 

Barros Pardo, Tomás

Biografía

Tomás Barros Pardo, naceu en Toledo no ano 1922. No ano 1929, a súa familia retorna a súa cidade de orixe, Ferrol, onde reside o resto da súa infancia e adolescencia.

Despois de estudar maxisterio en Santiago de Compostela, marcha a Madrid, a estudar a licenciatura en Belas Artes, pola Academia de San Fernando. Posteriormente, volta a cidade da Coruña, onde traballa durante máis de 30 anos como docente de Debuxo e Expresión Plástica na escola de Maxisterio da Coruña, compaxinando a docencia coa creación artística ata o final dos seus días.

Finou na Coruña no ano 1986.

 

Obra

Obra individual

  • A imagen y semajanza. [Bilbao : C.L.A. (Comunicación Literaria de Autores, 1973].
  • Abraio. Sada, A. Coruña : Edic. do Castro, imp. 1978.
  • Berro diante da morte. Vigo : [Salnés : Faro de Vigo], 1964.
  • La estrella y el cocodrilo. El Ferrol del Caudillo : G. Franco, 1960.
  • Fausto, Margarida e aqueloutro. Sada, A Coruña : Ediciós do Castro, 1993.
  • Gárgolas. Pontevedra : [s.n.], 1950.
  • El helecho en el tejado: (1952-1956). [Ferrol : s. n.], 1957.
  • A imagen y semejanza. Bilbao : Cla, 1973.
  • Los ojos de la colina. Bilbao : [s.n.], 1963.
  • Panteón familiar : (Guiñol humano en cuatro cuadros, un prólogo y un epílogo): [El Ferrol del Caudillo : s.n.], 1956.
  • Los procesos abstractivos del arte contempóraneo : nociones para una concepción dialéctica de los estilos. [Sada, La Coruña : Ediciones del Castro, 1965.
  • El rastro invisible. A Coruña : Ediciós de Castro, D.L. 1990.
  • Ritmo y abstracción. Sada, A Coruña : Ediciós do Castro, 2001
  • Sobre el origen de la corteza en los astros y la orografía lunar. La Coruña : Nordés, 1973.
  • Tres pezas de teatro : O veo de Maya. Cos ollos do morto. A raiña e o seu bufón. Sada (A Coruña) : Edic. do Castro, imp. 1981.
  • Vieiro de señardade. Sada, A Coruña : Ediciós do Castro, 1987.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo, este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

Beizana Vigo, Miriam

Biografía

Miriam Beizana naceu na Coruña no ano 1990.
Traballa na administración orientada ao sector industrial, aínda que escribe dende moi xoven.

Xunto a David Pierre, posee un espacio literario e de crítica chamado A Librería, onde, dende o ano 2016, reseñan novelas e publican artigos de difusión cultural.

 

 

Obra

Obra individual

  • Inflorescencia. [S.l] : Miriam Beizana Vigo, 2018.
  • Marafariña : libro primero. [S.l] : Miriam Beizana Vigo, 2015
  • Todas las horas mueren. [S.l] : Miriam Beizana Vigo, 2016.

 

Dirección páxina web persoal/blog

Posúe un blog , dispoñible na ligazón https://miriambeizana.com/ .

Ademais, como se comenta na súa biografía, A Librería está dispoñible en: https://alibreria.com/

 

Premios recibidos

  • 2º Premio no XI Certame de Contos Interculturais, polo relato El tren.
  • Finalista I Premio Misteria de Les Editorial, polo relato A Raíña.

 

Blanco Prado, José Manuel

Biografía

José Manuel Blanco naceu na Coruña o 14 de Abril de 1950.

É licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais de colaboración en publicacións como Anuario BrigantinoBoletín do Museo Provincial de LugoEstudios ChairegosCroaEstudios MindoniensesEtnografíaGalicia EncantadaLucensiaLucus, etc., traballa con Fernando Arribas e Mario Saavedra no proxecto Carboeira, que ten como finalidade o inventario e catalogación dos cruceiros da Terra Chá.

Desde o ano 2009 coordina e colabora na nova revista dixital Etnografía.

 

 

 

Obra

Obra individual

  • A devoción popular ao San Adrián na Terra Chá : Lugo.
  • Exvotos e rituais nos santuarios lucenses. Lugo : Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo, [1996].
  • Religiosidad popular en el municipio de Begonte. [Lugo] : Servicio de Publicaciones, Diputación Provincial, 1990.

Obra colectiva

  • Begonte : pasado y presente. Lugo : Alvarellos, D.L. 1987.
  • Cruceiros, cristos, cruces e esmoleiros de Abadín : catálogo de cruceiros da Terra Chá. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, [2007].
  • Cruceiros, cristos e cruces de Muras. Vilalba [Lugo] : Instituto de Estudios Chairegos, imp. 2009.
  • Cruceiros, cristos e cruces da Pastoriza : catálogo de cruceiros da Terra Chá. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, [2002].
  • Cruceiros, cristos e cruces de Xermade : catálogo de cruceiros da Terra Chá. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, [2004].
  • Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade : catálogo de cruceiros da Terra Chá. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, [2000].
  • Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei : catálogo de cruceiros da Terra Cha. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, D.L. 1998.
  • Cruceiros de Guitiriz : catálogo de cruceiros da Terra Cha. Sada : Ediciós do Castro, [1999].
  • Cruceiros do Concello de Vilalba. Vilalba : Instituto de Estudios Chairegos, 2011.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • Premio IX Certame Literario da Terra Chá.
  • Premio de periodismo “Manuel Mato Vizoso”.
  • Premio de periodismo “Manuel Mato Vizoso”.
  • Premio “Cal da Loba”.


Cermeño Baraja, Xosé Carlos

Biografía

Xosé Carlos naceu na Coruña no ano 1959.

Comezou colaborando na TVG como guionista de O Mellor, de Manuel Rivas. Foi o primeiro editor da versión galega de O Correo da Unesco. Actualmente traballa como guionista, director e escritor.

 

Obra

Obra individual

  • Almas perdidas. Santiago de Compostela : Centro Dramático Galego, D.L. 1987
  • Ciencia de facer as camas. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1994.
  • A cociña dos Vilas : celebración e memoria dunha familia de cociñeiros. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1993.
  • Las diosas vírgenes. [Santiago de Compostela] : Compostela, D.L. 1992.
  • Escribir un guión. [Santiago de Compostela] : Dirección Xeral de Promoción Cultural, 1999.
  • Historia de Abaddón. [Santiago de Compostela] : Sotelo Blanco, D.L. 1991.
  • Neve, reneve, requeteneve. Vigo : SM, D.L. 1995.
  • Os nervios de cabeza. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1994.
  • Os oficios do cine e a televisión. [Santiago de Compostela] : Dirección Xeral de Cultura, D.L. 1995.
  • A publicidade : a fábrica dos desexos. [Santiago de Compostela] : Consellería de Cultura e Xuventude, D.L. 1993.
  • A televisión : como se fai unha serie de televisión. [Santiago de Compostela] : Consellería de Cultura e Xuventude, D.L. 1993.

 

Obra colectiva

  • A miña tía é verde. Vigo : SM, [1999].
  • Estas rapazas chegarán moi alto. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1995.
  • Estes días refresca polas tardes. Vigo : Galaxia, D.L. 1991.
  • Paula e as palabras que levou o vento. Vigo : Ir Indo, D.L. 1994.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo, este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • Premio Cidade de Lugo de narrativa, por Os nervios da cabeza.

 

Espinosa Cobo, Estíbaliz

Biografía

 

Estibaliz naceu na Coruña no ano 1974.

Licenciouse en Socioloxía e Filoloxía Hispánica, e actualmente traballa como escritora e cantante de lírica galega.

Traballou como codirectora e presentadora dun programa de contacontos na radio comuntaria Cuac FM, chamado Ulalume. Colabora no suplemento Babelia de El País e no suplemento cultural do xornal ABC. Ademais, participa en numerosas revistas de ámbito nacional e internacional.

 

Obra

Obra individual

  • Caer de cu polo universo. A Coruña : Apiario, D.L. 2015.
  • De Fisterra al cap de Creus = De Fisterra ao cap de Creus. Barcelona : Rema 12, D.L. 2014.
  • Número e. A Coruña : Espiral Maior, 2004.
  • Orama. Pontevedra : Diputación Provincial de Pontevedra, Servicio de Publicaciones, 2002.
  • Pan : (libro de ler e desler). Ferrol : Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 2000.
  • Papel a punto de. Almería : El Gaviero, 2011.
  • Zoommm : textos biónicos. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2009.

 

Obra colectiva

  • Cantares para Rosalía : nove poetas galegas dialogan cos seus versos. Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega 2013.
  • Costumismo [Texto impreso] : [exposición]. [A Coruña] : Branda, [2007].
  • Curiosidade : simbiose, poemas, prosa, poética. Allariz [Ourense] : Aira, 2017.
  • El libro del voyeur. La Coruña : Ediciones del Viento, D.L. 2010.

 

Dirección páxina web persoal/blog

Posúe un blog, dispoñible na ligazón https://estibalizespinosa.com/

 

Premios recibidos

  • Premio Esquío de poesía, por Pan : (libro de ler e desler).
  • Premio Díaz Xácome de Novos Creadores¸por –orama.
  • Premio Espiral Maior, por número e.
  • XV Premio de poesía Afundación, por As neuronas irmás.

 

Fernández Martínez, Ana María

Biografía

Aínda que naceu en Palma de Mallorca, no ano 1949, dende 1967 Ana María reside na Coruña.

No ámbito literario, preparou os primeiros libros de texto modernos para aprender galego.

No ámbito literario, preparou os primeiros libros de texto modernos para aprender galego.

 

Obra

Obra colectiva

  • Amar e outros verbos. A Coruña : Everest Galicia, [2002].
  • Barrigaverde e o dragón Achís. Vigo : SM, 1992.
  • Bastón, Bombín e Bombón. Santiago de Compostela : Sotelo Blanco, [2000].
  • As bruxas exbrúxulas. Barcelona : Casals, 1999.
  • O cacarabicolé. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1997.
  • A casa de había unha vez. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2008.
  • O Castelo de irás e non tornarás. Barcelona : Casals, 1980.
  • Camiño de Santiago. A Coruña : Everest Galicia, D.L. 2010.
  • Chrystyan Magic : atrapado na torre. A Coruña : Everest Galicia, 2010.
  • Chrystyan Magic : na senda da serpe alada. A Coruña : Everest Galicia, D.L. 2012.
  • Contos con sombreiro. [Barcelona] : Planeta & Oxford, 2005.
  • Contos da selva de Longorongón. A Coruña : Bruño, [1998].
  • Contos degrañados. Barcelona : Casals, 1981.
  • Contos do reino de Mamoranguá. Vigo : Ir Indo, [1999].
  • Contos dos sete cabaliños 4 : lecturas. Madrid : Anaya, [2006].
  • Contos dos sete camiños : lecturas 3. Madrid : Anaya, [2007].
  • Descubriendo el mundo, 6º EGB : ciencias sociales. Donostia : Erein, D.L. 1987.
  • Do A ao Z con—Rosalía. A Coruña : Everest Galicia, D.L. 2009.
  • Doña Gansa Gansa. Madrid : Bruño, [2002].
  • E un día chegou Miroslav. Madrid : Alfaguara ; Vigo : Obradoiro, [1997].
  • O fillo do xardineiro. Madrid : Ayala, D.L. 1990.
  • O fillo do rei desaparecido. [Vigo] : Tambre, [2005].
  • Galicia. [León] : Everest Galicia, [2008].
  • Gurgulliña sabe portarse ben. A Coruña : Everest Galicia, [2005].
  • Historias que contan as paredes. A Coruña : Everest Galicia, [2008]
  • Lingua galega : 5 [E.X.B.]. Barcelona : Casals, 1983.
  • A longa viaxe de Carambeliña Polar. Madrid : Alfaguara ; Vigo : Obradoiro, [1998].
  • Lua nova : 3º E.X.B. Madrid : Anaya, D.L. 1981.
  • Marta ten a solución. Vigo : Galaxia ; Madrid : El País, [2007].
  • Na barriga do dragón. [Madrid] : Alfaguara ; Santiago de Compostela : Obradoiro, [2004].
  • O noso galego 1. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1985.
  • O noso galego 2 : E.X.B., ciclo inicial. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, [1986].
  • Oliña de azucre. [Madrid] : Edelvives, D.L. 1995.
  • Ondas de verde e azul. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1994.
  • Osito Algodones. Madrid : Bruño, [2002].
  • O país de amarnos. A Coruña : Everest Galicia, [2004].
  • O parque da chave dourada. Barcelona : Casals, 1997.
  • Páxinas de carricanta. A Coruña : Everest Galicia, D.L. 2011.
  • O pirata da illa de Prata. Barcelona : Casals, [2001].
  • Poemas que me cantou o grilo. Vigo : Tambre, [2007].
  • Pola rúa dos versos. [Madrid] : Edelvives, D.L. 1992.
  • Primeiro libro con Malola. Vigo : SM, 1994.
  • O raposo Pillabán. Barcelona : Casals, 1981.
  • ¡Qué risa de Rata!. [Santiago de Compostela] : Dirección Xeral de Política Lingüística, [1999].
  • ¿Quen vive aquí?. Vigo : Galaxia, 2004.
  • O rato que lle puxo o cascabel ao gato. [Madrid] : Bruño, 2012.
  • San Andrés del Rabanedo. [León] : Everest, D.L. 2010.
  • Traballo de mago. [Barcelona] : Planeta & Oxford, 2006.
  • Tres países encantados. [La Coruña] : Vía Láctea, 1986.
  • Tres risas e unha voda. A Coruña : Everest Galicia, [2000].
  • Tres voltas ó planeta. A Coruña : Everest Galicia, [2000].
  • As vacacións máxicas de John Liberty. Madrid : Alfaguara ; Vigo : Obradoiro, [1995].
  • Versos da tarde laranxa. [Vigo] : Galaxia, 2016.
  • Os xigantes de nunca acabar. Vigo : SM, [1999].

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • Premio Lazarillo, por Amar e outros verbos.


González Garcés, Miguel

Biografía

Miguel González Garcés naceu na Coruña no ano 1916.

Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente realizou o doutorado en Madrid.

Opositou ao Corpo de Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, traballando primeiro en Madrid, e posteriormente na Coruña, onde dirixiu a Biblioteca Pública do Estado durante 40 anos, á vez que dirixía o Centro Provincial coordinador de Bibliotecas.

Á vez que se dedicaba a súa faceta literaria, colaboraba en diversas revistas de literatura, como Atlántida  en xornais como La Voz de Galicia e realizaba investigación, sobre todo sobre a cidade da Coruña.

Finou no ano 1989.

Como homenaxe á súa figura, na Coruña atopamos a Biblioteca Pública Miguel González Garcés e a Deputación da Coruña instituíu o premio de poesía Miguel González Garcés (no ano 1991).

 

 

Obra

Obra individual

  • Alfonso IX y Crunia. A Coruña : Ayuntamiento de A Coruña, 2008.
  • Alrededor del mar. Madrid : Ágora, 1961.
  • Bailada dos anxos. Vigo : [Galaxia] 1961.
  • Claridade en que a tentas me persigo. A Coruña : Giannini, 1977.
  • La Coruña. León : Everest, 1991.
  • El cuervo en la ventana. Vigo : Faro de Vigo : | Galaxia [distribuidor], 1967.
  • Historia de la Coruña. La Coruña : Caixa Galicia, 1987.
  • Historia de La Coruña : edad media. A Coruña : Caixa Galicia, Publicaciones de la Obra Social 1987.
  • Isla de dos. Madrid : Ágora, 1964.
  • El libro y el verso. La Coruña : Imprenta-Editorial Moret, 1958.
  • María Pita, símbolo de libertad de la Coruña : siglo XVI. La Coruña : Caixa Galicia, Publicaciones de la Obra Social, 1989.
  • Nas faíscas do soño. Vigo : Galaxia 1972.
  • Un nome só na néboa. A Coruña : Deputación Provincial de A Coruña, 1989.
  • Paso soa de luz. Madrid : Rialp, 1975.
  • Poema del imposible sosiego. La Coruña : Moret, 1954.
  • Poesía. A Coruña : Deputación Provincial da Coruña, 1998.
  • Poesía galega : antoloxía. A Coruña : Espiral Maior, 1998.
  • Poesía gallega contemporánea. Barcelona : Plaza y Janés, 1974.
  • Poesía gallega de postguerra (1939-1975) : antología bilingüe. Sada, A Coruña : Ediciones del Castro, 1976.
  • Porta de aire : escolma poética. [Vigo] : A Nosa Terra, 2005.
  • Sede e luz. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, 1986.
  • Siete canciones. [La Coruña : Delegación de Educación Nacional del Distrito Universitario de Santiago de Compostela, 1954.
  • Vibraciones : poesías. Madrid : Afrodisio Aguado, 1947.

Obra colectiva

  • Arbres e plantas da Coruña. Coruña : Axuntamento, 1982.
  • La Coruña. León : Everest, 1968.
  • La Coruña en color. Madrid [etc.] : Everest, 1976.
  • Rías altas gallegas. Madrid [etc.] : Everest, 1976.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo, este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

López González, Josefina (Josefina López de Serantes)

Biografía

Josefina López naceu na Coruña no ano 1922.

Comezou a escribir dende moi nena para revistas infantís, cando aínda estudaba o bacharelato.

Escribía novela rosa, biografías, poesía e artigos periodísticos. Finou en marzo de 1998, tamén na Coruña.

As súas obras inéditas foron publicadas trala súa morte.

 

Obra 
Obra individual

  • Benito Vicetto Iñorado. Lugo : Alvarellos, imp. 1978.
  • El buen papa Juán. Barcelona : Mateu, 1965.
  • Deber sagrado. Madrid : Pueyo, [1952].
  • Empezar a vivir. Barcelona : Hymsa, D.L. 1985.
  • El enigma del gran almirante. [Barcelona?] : [s.n.], 2013.
  • El misterio de Foretmer. Madrid : Pueyo, [1955].
  • Ráfagas. [Barcelona?] : Eudardo Serantes López, 2016.
  • Retrincos. [Barcelona?] : Printcolor, 2017.
  • Un sueño de amor. Madrid : Pueyo, [1952].
  • Terra e mar. [El Ejido] : Círculo Rojo, 2015.
  • Vida e morte dun poeta : biografía de Francisco Añón Paz (1812-1878) [La Coruña? : s.n.], D.L. 1986 ([La Coruña] : Venus Artes Gráficas).
  • Volvieron en primavera. Madrid : Cid, D.L. 1962.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo, esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • Premio Rosalía de Castro de Corcubión, por Nuestro idioma y nuestras letras.
  • Premio La Tabaiba de oro de las Canarias, por El viejo de las mondas.
  • Premio Cuentos del Domingo, de El Ideal Gallego, por La vieja Miqueira.
  • Premio Cartas de Amor de la revista España semanal, por Carta de amor.
  • Premio del programa Vosotras, de Cadena Ser por Volvieron en primavera.
  • Premio Bodas de Oro de La Región, por El Balandro.
  • Premio Juegos Florales de Oleiros, por Mrs White en Oleiros.
  • Premio Diócesis de Barcelona, por Jugando a ser mujer.
  • Premio Pere Sardá de Barcelona, por Ella.

 

 

 

 

Muñoz Manzano, Carmen (Beatriz Galindo)

Biografía

Carmen Muñoz, tamén coñecida polo pseudónimo Beatriz Galindo, naceu en Cáceres no ano 1906.

Despois de estudar maxisterio en Salamanca e Madrid, aprobou as oposicións de Inspectora de Ensino Primario, con destino na provincia de Lugo.

Dende o ano 1939 ata o 1961, estivo no exilio xunto ao seu marido Rafael Dieste, durante o cal colaborou en diferentes revistas, instalándose despois desta etapa en Rianxo. No 1964 recuperou o seu posto como Inspectora de Ensino Primario, esta vez con destino na Coruña, ata a súa xubilación no ano 1976, momento a partir do cal de dedicou á obra do seu home, Rafael Dieste.

Finou na Coruña no 2002.

 


Obra
 

Obra individual

  • La Edad Media. Buenos Aires : Ed. Atlantida, [1945].
  • Epistolario. [Sada (A Coruña)] : Ediciós do Castro, [2005].

Obra colectiva

  • Epistolario amoroso. La Coruña : La Voz de Galicia 1995.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.

 

 

López González, María Teresa (Águeda de Vianney)

Biografía

María Teresa, coñecida como Águeda de Vianney, naceu na Coruña no ano 1928. Era irmá da tamén escritora Josefina López de Serantes.

Dende moi cedo comezou a escribir novelas rosas. Despois de contraer matrimonio deixou de escribir.

Faleceu no ano 2003.

 


Obra
 

Obra individual

  • Aquel último día. Barcelona ; Buenos Aires : Bruguera, 1955.
  • Atormentada. Barcelona : Bruguera, 1955.
  • Aventura en Niza. Barcelona : Bruguera, 1956.
  • El castellano de Rockmount. Barcelona : Bruguera, 1951.
  • Cuando el amor llega. Barcelona : Bruguera, 1950.
  • El enigma de un hombre. [Barcelona] : [Bruguera], [1949?].
  • Esclavo de la ambición. Barcelona : Ediciones Toray, [1949].
  • Eternamente sola. Barcelona : Bruguera, 1957.
  • Granja feliz. Barcelona : Bruguera, 1958.
  • Un idilio en Japón. Barcelona : Bruguera, 1949.
  • Ilusiones muertas. Barcelona : Bruguera, [1948?].
  • La intrusa. Barcelona : Bruguera, 1949.
  • Luchando por la felicidad. Barcelona : Bruguera, 1950.
  • Marido comprado. Barcelona : Bruguera, 1953.
  • Nace el amor. Barcelona : Bruguera, 1958.
  • No soy una aventurera. Barcelona : Bruguera, 1955.
  • Las niñas crecen. Barcelona : Bruguera, 1958.
  • Pasiones ardientes. Barcelona : Bruguera, 1954.
  • La pequeña salvaje. Valencia : Editorial Valenciana, [195-?.
  • Perdida en la noche. Barcelona : Bruguera, 1949.
  • El precio del pecado. Barcelona ; Buenos Aires : Bruguera, 1955.
  • La sombra de Amy. Barcelona : Bruguera, 1950.
  • El Secreto de Lord Wayntton. Barcelona : Bruguera, 1952.
  • El secreto de una vida : novela. Madrid : Pueyo, 1947.
  • Viaje hacia el amor. Barcelona : Bruguera, 1956.

 

Obra colectiva

  • Cómo hacer un hogar feliz : Etica. Estética. Barcelona : Cosmos, [1955].

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.

 

 

Mancebo, Tati (Mancebo López, Carmen)

Biografía

Carmen Mancebo López, máis coñecida como Tati, naceu na Coruña no ano 1969.

Licenciouse en Filoloxía inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente traballa como tradutora, ademais de cómo editora e poeta.

Obra 

Obra individual

  • Na hora redonda. [S.l.] : Cadernos de Azertyuiop, 1995.
  • Mundo maquinábel. [S.l.] : Sermos Galiza, 2013.

Obra colectiva

  • A Coruña á luz das letras. Oleiros, A Coruña : Trifolium, 2008.
  • Sete poetas. A Corunha : Edral, 1995.
  • Urbano : homenaxe a Urbano Lugrís. [S.l.] : A Nave das Ideas, 2011.
  • Vivir un soño repetido : homenaxe a Lois Pereiro. [S.l.] : Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2011.
  • 150 Cantares para rosalía de Castro. [S.l. : s.n.], 2015.

 

Dirección páxina web persoal/blog

Posúe un blog sobre o libro e a literatura dixitais, dispoñible na ligazón : https://web.archive.org/web/20110819072148/http://tatimancebo.blogaliza.org/

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.

 

 

Autores e autoras literarios de A Coruña. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *