Autores e Autoras da Carballo

Publicado el

Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co concello de Carballo, nados no século XX.

A información  forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.

Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña

Barral Martínez, Margarita

Biografía

Nada no ano 1973. Estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Dedicouse a investigación sobre Historia Política. Exerce a docencia na Universidade de Santiago. A súa obra componse maioritariamente de artigos publicados en publicacións periódicas.


Obra individual

  • A administración local en Compostela na “era monterista”. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración püblica, 2006.
  • Discursos parlamentarios de Montero Ríos no sexenio democrático (1868-1873). Santiago de Compostela : Escola Galega de Administración Pública, 1997.
  • O mundo do traballo en Galicia. [Santiago de Compostela] : FEUGA, [2007].
  • A visita de Isabel II a Galicia en 1858: monarquía e provincialismo ao serizo da nacionalización. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2012.

 

Obra colectiva

  • O xurisconsulto e o político na Compostela do seu tempo : catálogo, o xurisconsulto e o político ; O xurisconsulto e o político na Compostela do seu tempo : catálogo, a metamorfose da cidade herdada : [Colegio de Fonseca, del 22 de septiembre al 31 de octubre de 2015]. [Santiago de Compostela] : P. Costa, D.L. 2015.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 Premios recibidos

  • 2009. Premio Galicia Investigación.

 

 

Borrazás Fariña, Xurxo

Biografía

Nado no ano 1963. Ademais de escritor e tradutor colabora de maneira habitual na prensa con artigos de opinión relacionados coa cultura e a política.


Obra individual

Obra

  • La aldea muerta. Madrid: Caballo de Troya, 2007.
  • Arte e parte: dos patriarcas á arte suicida. Vigo: Galaxia, 2007.
  • Cabeza de chorlito. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1991.
  • Contos malvados. Vigo: Xerais, 1998.
  • Costa Norte / ZFK/. Vigo: Galaxia, 2008.
  • Covalladas: prosa vertical. Vigo: Galaxia, [2010].
  • Criminal. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1996.
  • O desintegrista. Vigo: Xerais, 1999.
  • Eu é. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, D.L. 1996.
  • Na maleta. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2000.
  • Pensamentos impuros. Vigo: Xerais, 2002.
  • Ser ou non. Vigo: Galaxia, 2004.
  • Yo es el enemigo. [Madrid]: Olalla, 1998

 

Obra colectiva

  • Galiza cajun. [Laracha, A Coruña] : A.L. Regueiro, imp. 2009.
  • Follas de Carballo. [A Coruña] : Agrupación Cultural Lumieira, D.L. 2011.

 

Dirección páxina web persoal /blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • 1994. Premio da Crítica Española por Criminal.
  • 1994. Premio San Clemente de lectores por Criminal.


 Cabeza Quiles, Fernando

Biografía

 

Aínda que naceu en Porto do Son no ano 1953, actualmente vive en Carballo.

É un polígrafo español que destaca pola súa obra sobre a toponimia de Galicia.

É colaborador habitual tanto na presa como na radio.


Obra individual


Obra

  •  
  • Chamáchesme moreniña : noticias fantásticas. Noia, A Coruña : Toxosoutos, 2000.
  • Domingo de resurrección. Noia : Toxosoutos, 2005.
  • Galegos en Las Alpujarras granadinas. Noia (A Coruña) : Toxosoutos, 2003.
  • Galicia, o galego e os galegos. Noia, A Coruña : Toxosoutos, 2016.
  • Os nomes da terra : topónimos galegos. Noia (A Coruña) : Toxosoutos, 2000.
  • Os nomes de lugar : topónimos de Galicia : a súa orixe e o seu significado. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1992.
  • A toponimia celta de Galicia. Noia, A Coruña : Toxosoutos, 2014.
  • Toponimia de Galicia. [Vigo] : Galaxia, [2008].

Obra colectiva

  • Contos azuis. Vigo : Galaxia, imp. 2009.
  • Follas de carballo. [Carballo, A Coruña] : Agrupación Cultural Lumieira, 2011.
  • As Parroquias de Artes, Sofán e Berdillo. [Carballo] :[Instituto de Estudios Bergantiñáns] 2011.
  • As parroquias de Barizo, Mens e Vilanova. Carballo : Instituto de Estudos Bergantiñáns 2012.
  • Parroquias de Brantuas, Niñóns e Cores. [Carballo] :[Instituto de Estudios Bergantiñáns] 2014.
  • Parroquias costeiras de Carballo :Rebordelos, Noicela, Vilela, Lema e Razo. [Carballo] :[Instituto de Estudios Bergantiñáns] 2006.
  • O segredo dos zapatos e outros contos. Santiago de Compostela : Noroeste, 1996.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo, este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

Chapela, Xurxo

Biografía

 

Xurxo naceu en Carballo no ano 1968. Estudou a licenciatura de xornalismo

Obra individual

  • Con Aroa, o último verán. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 1999.
  • Lémbrome. Santiago de Compostela: Positivas, 2016.
  • Primaveira de navallas.[s.l.]: Qué queres, 2012

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.


 Fernández Rial, Rosalía

Biografía

Nada no ano 1988. Licenciada en filoloxía. Dedícase a escribir, ao teatro e a tocar o acordeón. Os seus libros de poesía foron postos en escena a través de espectáculos literarios, pictóricos e musicais.


Obra individual

  • Átonos: poemario sensorial. [A Coruña]: Agrupación Cultural Lumieira, 2011.
  • Aulas sen paredes. Santiago de Compostela: Positivas, 2016.
  • Ningún amante sabe conducir. Santiago de Compostela: Positivas, 2014.
  • Vinte en escena. Santiago de Compostela: Positivas, 2012

 

Obra colectiva

  • En clave de sol: poemario musical. [A Coruña]: Agrupación Cultural Lumieira, 2009.
  • Proxecto Barro. [A Coruña] : Caldeirón, D.L. 2015.
  • Un mar de sensacións : rutas e poemas para descubrir A Costa da Morte. Vimianzo [A Coruña] : Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte, 2011.

 

Dirección páxina web persoal /blog

A autora posue unha páxina persoal a que pode accederse dende a seguinte ligazón Ten http://www.rosaliafernandezrial.com/es

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.


 Fraga Cameán, Beatriz

Biografía

Nada no ano 1967. É mestra de educación infantil. Ademais de escritora exerce como tradutora e asesora didáctica de diferentes obras.

 

Obra individual

  • O rei portador e outras historias. [Vigo]: Euseino, 2012

Obra colectiva

  • Marcelo o morcego. Vigo: Galaxia, 2009.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.


 Fraga Rodríguez, Xan M.

Biografía

Nado no ano 1958. É mestre de historia e historiador. E membro do Instituto de Estudios Bergantiñáns. Ademais foi fundador e o primer presidente da Agrupación Cultural Lumieira de Carballo

Obra individual

  • Alfredo Brañas : carballés ilustre. [A Coruña] : Asociación Socio-Pedagóxica Galega ; Carballo : Concello de Carballo, D.L. 2005.
  • Bergantiños F.C.: 1923-1998, 75 anos de historia. Carballo: Bergantiños F.C., 1998.
  • Carballo, 1900-1979: crónica fotográfica. A Coruña: Espiral Maior, 1996.
  • A Coruña, Sada, Carballo, 1903-1979 : tranvías e trolebuses : [anexos gráficos e documentais]. A Coruña: Espiral Maior, 1997.
  • Crónicas de Carballo. I.  Carballo: Agrupación Cultural Lumieira. D.L. 1999.
  • Crónicas de Carballo. II.  Carballo: Agrupación Cultural Lumieira. D.L. 2004.
  • Crónicas de Carballo. III.  Carballo: Agrupación Cultural Lumieira. D.L. 2006.
  • Crónicas de Carballo. IV. Carballo: Agrupación Cultural Lumieira. D.L. 2012.
  • De Arsenio a Arsenio : vintedous anos de historia deportivista [1951/52-1972/73]. A Coruña : Phottic , 2017.
  • Emigración e historia contemporánea. Galicia-Cuba. A Coruña: Asociación socio-pedagógica Galega, 1994.
  • Luís Suárez : fútbol de seda.  A Coruña : Baía Edicións , 2010.
  • Miro Casabella : e a nova canción galega: reportaxe. Vigo : Galaxia , D.L. 2008.
  • Pontevedra- Vigo: tranvias e trolebuses. A Coruña: Espiral Maior, 2000.
  • Tranvías de Ferrol. A Coruña: Espiral Maior, 2002.

 

Obra colectiva

  • Malpica de Bergantiños : crónica do século XX en imaxes. A Coruña : Espiral Maior, 2001.
  • Manuel María : fotobiografía sonora. [Lugo] : Ouvirmos, 2005.
  • A memoria de Carballo. Vigo : Xerais, [2005].

 

Dirección páxina web persoal /blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • 1997. Premio de Carballés

 

Freixeiro Mato, Xosé Ramón

Biografía

Nado en 1951. Estudou Maxisterio, Filoloxía Románica e Filoloxía Galego-Portuguesa. Ademais de exercer como mestre e escritor, foi director da Revista Galega de Filosofía.


Obra individual

  • A Cara oculta de Noriega Varela : biografía e textos esquecidos Mato. Santiago de Compostela : Laiovento, 1992.
  • Cucou o cuco cuqueiro: lingua e estilo na obra de Manuel María. [Lugo] : Fundación Caixa Galicia, D.L. 2007
  • Da montaña o corazón : producción literaria e lingua en Noriega Varela Lugo : El Progreso, 1993.
  • Os Diminutivos en galego. [Vigo] : A Nosa Terra, 1996.
  • Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais, 2013.
  • Gramática da lingua galega. Vigo : A Nosa Terra, 1998.
  • Lingua de calidade : vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro. Vigo : Xerais de Galicia, D.L. 2009.
  • Lingua galega : normalidade e conflito. Santiago de Compostela : Laiovento, 1999.
  • Lingua, nación e identidade. Bertamiráns, Ames (A Coruña) : Laiovento, 2006.
  • Manual de gramática galega. Vigo : Promocións Culturais Galegas, 2006.
  • Os marcadores discursivos: conectores contraargumentativos no galego escrito. A Coruña: Universidade de A Coruña, 2015.
  • A poesía oculta de Filgueira Valverde. A Coruña: Bahía, 2015.
  • Rafael Dieste : vida, personalidade e obra . Santiago de Compostela : Laiovento, 1995.
  • Sebastián Martínez-Risco na cultura galega.  Santiago de Compostela : Laiovento, 1994.

 

Obra colectiva

  • ¡Guau– guau! : periódico editado en Foz en 1906. [Santiago de Compostela] : Xunta de Galicia, [2006].
  • A lingua literaria galega no século XIX. [A Coruña] : Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións, [2005].

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • 1993. Premio literario Ánxel Fole, por Da montaña ó corazón.
  • 2006. Premio literario Ánxel Fole, por Cucou o cuco cuqueiro: lingua e estilo na obra de Manuel María.
  • 2014. Premio da Crítica Galicia á Investigación, por Estilística da lingua galega

 

Graña Rama, Farruco

Biografía

Nado no ano 1966. Estudou Filosofía e exerce como mestre. Ademais de escritor colabora cos xornais El Progreso, La voz de Galicia e o xornal dixital Xornal.com.


Obra individual

  • O soño de Xoán. [Ferrol]: Embora, 2015

 

Obra colectiva

  • O bosque de Nadgor. [Ribadeo (Lugo)] : Agrupación Cultural Francisco Lanza 2007

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

 

Pena, Olivia

Biografía

Nada no ano 1976. Trala súa formación como tradutora e filóloga traballa como mestra de galego e portugués. Colaborou coa revista Casahamlet.


Obra individual

  • Plastic dolls show : cabaré en clave metaliteraria. Brión, [A Coruña]: Laiovento, 2012

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.


 Silva Regueiro, Jose Ignacio

Biografía

Nado no ano 1978. É licenciado en dereito.


Obra individual

  • Cara B. Vigo: Xerais, 2011
  • Vertixes. Vigo: Xerais, 2010.

Obra colectiva

  • Gzcrea 2006 : Certame Galego de Creadores Novos : relato. Ames : Laiovento ; [Santiago de Compostela] : Dirección Xeral deXuventude e Solidariedade, [2007].

 

Dirección páxina web persoal /blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

Premios recibidos

  • 2006. Premio GZcrea, por Alén dos sentidos.
  • 2008. Premio Ourense de Contos para a Mocidade, Catro esquinas.
  • 2008. Premio do Certame Os Viadutos, por Tic-Tac.
  • 2008. Certame Literario Valle Inclán, por Cela aberta.
  • 2009. II Premio de Novela Curta Cidade Centenaria, por Vertixes.
  • 2009. II Premio de Micronovela Concello de Soutomario, por Escintileos.


 Varela Ferreiro, Alberto

Biografía

Nada no ano 1973. Estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Dedicouse a investigación sobre Historia Política. Exerce a docencia na Universidade de Santiago. A súa obra componse maioritariamente de artigos publicados en publicacións periódicas.


Obra individual

  • A administración local en Compostela na “era monterista”. Santiago de Compostela: Escola Galega de Administración püblica, 2006.
  • Discursos parlamentarios de Montero Ríos no sexenio democrático (1868-1873). Santiago de Compostela : Escola Galega de Administración Pública, 1997.
  • O mundo do traballo en Galicia. [Santiago de Compostela] : FEUGA, [2007].
  • A visita de Isabel II a Galicia en 1858: monarquía e provincialismo ao serizo da nacionalización. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2012.

 

Obra colectiva

  • O xurisconsulto e o político na Compostela do seu tempo : catálogo, o xurisconsulto e o político ; O xurisconsulto e o político na Compostela do seu tempo : catálogo, a metamorfose da cidade herdada : [Colegio de Fonseca, del 22 de septiembre al 31 de octubre de 2015]. [Santiago de Compostela] : P. Costa, D.L. 2015.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • 2009. Premio Galicia Investigación.

 

 

 

Autores e autoras do concello da Carballo. Biblioteca Provincial da Deputacion Coruna

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *