Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co concello de Cabanas, nados no século XX.
A información forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.
Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña
1. García Arias, Toni
Biografía
Toni García naceu en Laraxe, parroquia de Cabanas, no ano 1969.
Diplomouse en maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente exerce como docente en Murcia. Dirixe diversos Proxectos de Innovación Educativa e participa en diferentes traballos como asesor curricular.
Ademais, publica artigos en diversas revistas especializadas en educación e é director do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado; colabora como periodista en xornais como La Opinión e escribe poesía, novela e relatos.
Obra individual
Obra
- Ángeles caídos. [Sevilla] : Renacimiento, [2006].
- Diccionario de derrotas. [Murcia] : Nausícaä, 2003.
- Educación emocional para todos. Madrid : LoQueNoExiste, imp. 2016.
- Manual para superar la adolescencia : tratado sobre educación e inteligencia emocional para adolescentes. Archidona, Málaga : Aljibe, D.L. 2013.
- Mentiras para no estar solo. Madrid : Ápeiron, 2017.
- Todos los puertos. Murcia : Nausícaä, 2001.
Dirección páxina web persoal/blog
Ten unha páxina web, dispoñible na ligazón http://www.tonigarciaarias.com/ e un blog sobre educación http://blogdetonigarcia.blogspot.com/
Premios recibidos
- Finalista do IV Concurso Homenaxe a Gabriel García Márquez, por Ollos Verdes.