Autores e autoras de Boiro

Publicado el

Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co concello de Boiro, nados no século XX.

A información  forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.

Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña

 

Blanco Alcalde, Adolfo

Biografía

Adolfo Blanco naceu en Boiro no ano 1939. Foi corresponsal durante os anos 70 nos xornais El Correo Gallego La Noche.


Obra

Obra individual

  • Santa María del Castro : su imagen, su iglesia y su devoción. [S.l. : s. n.], 1961.
  • Santuario de Nuestra Señora de los Milagros de Amil. [S.l. : s. n.], 1962.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo, este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

Blanco Vila, Luis Alfonso

Biografía

Luís naceu en Boiro o 9 de novembro de 1936.

Comezou os estudos de bacharelato en Cantabria, e rematounos no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid. Licenciouse e doutorouse en Filoloxía Románica tamén en Madrid, licenciouse en Ciencias da Información e Diplomouse en Televisión.

Traballou como corresponsal no Diario Ya de Madrid, da Editorial Católica e exerceu a docencia durante máis de corenta anos.

Obra
Obra individual

  • Comunicación y humanismo. Madrid : Universidad San Pablo CEU, [1998].
  • El Correo Gallego : cien años de aportación a la historia (1878-1978). [Santiago de Compostela] : Compostela, D.L. 1978.
  • De las costumbres económicas de los españolas. [Madrid] : Banco Cantábrico, [D.L. 1977].
  • Diálogo con las sombras. San Fernando de Henares, Madrid : Bitácora, D.L. 1992.
  • Dos días antes. [Santiago de Compostela] : Compostela, D.L. 1992.
  • El General Silva Bohórquez toma la palabra : historia de una confabulación incriminatoria. Madrid : Torre Goyanes, [1997].
  • La literatura del siglo XX contada con sencillez. Madrid : Maeva, [1999].
  • Literatura y existencia : ensayo metodológico de literatura contemporánea comparada. Madrid : CEU Ediciones, D.L. 2013.
  • Madrid al paso : un paseo cultural. Madrid : Palas Atenea, 1992.
  • Para leer a Camilo José Cela. Madrid : Palas Atenea, 1991.
  • El último vuelo del principito. Madrid : Torre de Goyanes, [2000].

Obra colectiva

  • La crisis de las ideas en el fin-de-siglo : espíritu y cultura al hilo de la obra de Eugenio d’Ors. Madrid : Actas, 1995.
  • Dos días antes y otras antiguallas. Madrid : Dosbe, 1982.
  • Memorias de un gato tonto. Barcelona : Edebé, [2006].
  • Visto para sentencia. Madrid : Ilustre Colegio de Abogados de Madrid, D.L. 1997.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

Hermida, Xosé

Biografía

Xosé Hermida naceu en Boiro no ano 1963.

Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como periodista, primeiro en El Correo Gallego en máis tarde nos informativos de Radio Galega e posteriormente en El País.


Obra

Obra individual

  • Arsenio: el fútbol de El Brujo. Madrid : El País : Aguilar, 1995.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo, este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • Premio José Couso a la Libertad de Expresión.

 

 

Martínez López, Ramón

Biografía

Nado no ano 1907. Participou na creación do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en El Compostelano con artigos en galego. No ano 1931 estivo entre os fundadores do Partido Galeguista. Tivo que exiliar a Francia e posteriormente a Arxentina. Volve a Galicia de xubilado. No ano 1976 é escollido académico da Real Academia Galega e no ano 1984 recibiu a Medalla Castelao. Finou no ano 1989.

Obra

Obra individual

  • Contribucións norteamericás á historia da cultura medieval galega : discurso lido o día 22 de xaneiro de 1976, no acto da súa recepción, polo… Ramón Martínez López e resposta do… Isidoro Millán González-Pardo. [A Coruña]: Real Academia Galega, [2007].
  • General Estoria : : Versión gallega del siglo XIV. Ms. O.I.I. del Escorial. Oviedo: Universidad de Oviedo, 1963
  • Homenaje a R. Martínez López. A Coruña : Do Castro, 1990.
  • A literatura galega no exilio. Trasalba, Ourense : Fundación Otero Pedrayo, 1987.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

Piñeiro Berz, Alberto

Biografía

Nado en Köln, Alemaña, en 1975. Licenciado en Filoloxía Clásica pola USC. Conta cun máster de Profesor de Español para Estranxeiros (URJC). Foi membro fundador da Asociación Cultural Barbantia.
 

Obra

Obra individual

  • Crónicas de Venezuela. A Coruña: Eizer, 2017.
  • Os músicos de Boiro (1900-2006). [Boiro]: Concello de Boiro, [2006].
  • San Ramón de Bealo, la romería : 250 años después. [A Coruña] : [Dirección Xeral de Turismo], [2008].
  • A agricultura de sempre nos mercados de hoxe. Pontevedra : Concello de Pontevedra ; Cámara Municipal de Braga, 2009.
  • Aportaciones en el estudio del léxico y la gramática del español de Venezuela. Santiago de Compostela : Sacauntos, 2018.

 

Obra colectiva

  • Voces na materia. Boiro (A Coruña) : Asociación Cultural Barbantia, [2006].
  • VII Anuario de Estudos do Barbanza. Transcrición e notas da conferencia “Á luz das palabras”, con Juan José Moralejo Álvarez, Xosé Luis Méndez Ferrín e Xosé Luis Axeitos. Boiro (A Coruña) : Asociación Cultural Barbantia, 2011.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • 2007. 1º Premio no X Certame Literario Faustino Rey Romero, Rianxo, polo poemario Elexía a María Mariño.
  • 2016. 1º Premio no XXI Certame Literario de Piñor de narracións breves.

 

Ríos Pérez, Juan Manuel

Biografía

Non se atopou información sobre a súa biografía.

Obra

Obra individual

  • Boiro, concejo gallego. Pontevedra: Ayuntamiento de Boiro, 1984.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

Rodríguez Gallardo, Antón

Biografía

Antón Rodríguez naceu en Boiro no ano 1964.

É licenciado en Historia.


Obra

Obra individual

  • Boiro, Galicia. Boiro : Concello, D.L. 1993.
  • Boiro nas súas festas do verán : dos anos vinte ós nosos días. [S.l. : s.n., 1999 (La Coruña] : Gráf. Garabal).
  • Do Barraña Sporting ao C.D Boiro (1922-1967) : historia dos inicios do fútbol en Boiro. Noia, A Coruña : Toxosoutos ; Boiro, A Coruña : Concello de Boiro, 2017.

 

Obra colectiva

  • Xentes de letras do Barbanza. Boiro : Concello, D.L. 1992

 

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo, este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

Catálogo do Concello de Boiro: Boiro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *