Autores e autoras de Boimorto

Publicado el

Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co concello de Boimorto, nados no século XX.

A información  forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.

Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña

Pardo López, Emma

Biografía

Emma naceu en Boimorto no ano 1991.

Graduouse en Administración e Dirección de Empresas na Universidade da Coruña. Comparte o traballo profesional coa súa paixón pola escritura.

Na actualidade está realizando un Máster de guionista de cine e TV a través de Cátedra de Máster D. coa Universidade Politécnica de Madrid

Obra

Obra individual

  • Buenas noches Julia. Madrid : Pigmalión, D.L. 2014.
  • Me quedo contigo. Madrid : Sial Pigmalión, imp. 2016.

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.

PDF: Autores e autoras do concello de Boimorto. Biblioteca Provincial da Deputacion Coruna

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *