Autores e autoras de Arzúa

Publicado el

 

Nesta entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co concello de Arzúa, nados no século XX.

A información  forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.

Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña.

Autores e autoras do concello de Arzúa. Biblioteca Provincial da Deputacion Coruna

 

 

1. Carracedo, Xosé Carlos

Biografía

Nado en Arzúa o 8 de novembro de 1990. A súa primeira publicación foi a novela “Somos de Arxerís”,  na editorial “Toxosoutos”


Obra individual

Obra

  • Somos de Arxerís. Noia: Toxosoutos, 2017

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

2. García Martínez, Pablo

Biografía


Periodista nado en Arzúa no ano 1985, actualmente reside en Nova York.

Obra

Obra individual

  • Relato dun estalido xordo. A Coruña: Biblos Clube de Lectores, 2009

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

  • Premio Biblos-Pazos de Galicia para menores de 25 anos, por Relato dun estalido xordo.

 

 

 

3. González Rey, Ana

Biografía

Ana é unha galega afincada en Navarra, nada en Arzúa no ano 1985.

É unha rapaza autodidacta que escribiu a súa primeira historia con tan só 12 anos. Colaborou en diferentes antoloxías benéficas.

 

Obra

Obra individual

  • Un cubata con sabor a café. Madrid: Leibros, 2016
  • Un cabata con sabor a descafeinado. Madrid: Leibros, 2017
  • No existo. Amazon, 2017

 

Dirección páxina web persoal/blog

Posúe unha conta de twitter, dispoñible na seguinte ligazón: https://twitter.com/anita_nsf/

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.

 

 

4. Manteiga, Xosé María

Biografía

Xose María naceu en San Estevo do Campo, parroquia de Arzúa.

Cando era xoven, emigrou a Arxentina coa súa familia. É redactor do periódico Correo de Galicia en Bos Aires.

Obra

Obra individual

  • Cartas dun emigrante. [s.l.]: Buenos Aires, 1996.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

5. Pardo Villar, Aureliano

Biografía

Nado en Arzúa no 1882.

Foi un relixioso dominico e escritor. Despois de estudar latín e humanidades en Arzúa ingresou no convento dominicano en setembro de 1898. Foi destinado ás Misións de América, pero unha grave enfermidade retívoo na Península. Durante a convalecencia, xa en febreiro de 1909, foille asignado o convento de Padrón. Foi membro da RAG onde ingresou o 27 de xullo de 1941.

Finou en Padrón no ano 1957.

Obra

Obra individual

  • Aportaciones a una biografía de escritores gallegos: escritores dominicos. Madrid: [s.n.], 1951.
  • La Orden Dominicana en La Coruña. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1953.
  • Colegiales de San Gregorio de Valladolid, por los conventos dominicanos de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1954.
  • El Convento de Sto. Domingo de Rivadabia: apuntes históricos. Ourense: [s.n.], 1931.
  • Los Dominicos en Galicia. Santiago de Compostela: Nós, 1935.
  • Los Dominicos en Santiago: apuntes históricos. Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1953.
  • Dos ilustres dominicos gallegos: notas biográficas. Santiago de Compostela: Seminario de Estudios Gallegos, 1930.
  • Escritores místicos gallegos: el V. Fr. Pedro de Santa María Ulloa. A Coruña: Moret,1950.
  • Falsedades de una crítica: Los dominicos en Galicia. Ourense: Imp. La Popular, 1946.
  • Historia del Convento de Santo Domingo de Pontevedra. Pontevedra: Museo de Pontevedra, 1942.
  • La Orden de Predicadores en Galicia: breves notas históricas. [S.l.]: [s.n.], 1926.
  • Santoral Gallego. Bos Aires: [s.n.], 1941.
  • Santo Domingo de Santiago. Madrid: [s.m.], 1945

 

 Obra colectiva

  • Escribiu para a Enciclopedia Espasa-Calpe as biografías de trece dominicos galegos

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

6. Pastoriza Taboada y Martínez, Santiago

Biografía

Naceu en Arzúa no ano 1777 e finou no 1832. Coengo en Compostela e escritor ilustrado na Galicia liberal.

Foi promotor das escolas de ensino primario que lle valeu para ser nomeado membro da Xunta Provincial de Ensino.

Publicou tres escritos en resposta a determinadas situacións socio políticas do seu tempo.

Obra

Obra individual

  • Contestación al manifiesto que dió á la nación D. José María Puente ex-gefe político superior de Galicia. Santiago: [s.n.], 1822.
  • Memoria dirigida á S.M. por el Dr. D. Santiago Pastoriza Taboada y Martínez … vocal de la Real Junta de capital inspectora de Escuelas de Primeras Letras de Galicia … sobre la gran necesidad y fácil establecimiento de escuelas en este reyno. Santiago: [s.n.], 1827.
  • Sermón que en la solemnísima función de la bendición de bandera del Batallón de Voluntarios Realistas de la villa de Arzúa y pueblos de su partido predicó… Santiago: [s.n.], 1831.

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.

 

 

 

 

 

 

7. Súarez Abel, Miguel

Biografía

Miguel Suárez naceu en Campo (Arzúa) en 1952.

Licenciado en Psicoloxía, exerceu como orientador no IES Luís Seoane de Pontevedra. Foi colaborador de radio e prensa.

Finou en Meirás (Valdoviño) no ano 2017.

Obra

Obra individual

  • Álvaro Pino. Vigo: Xerais de Galicia, 1986
  • Co dedo nos beizos. [Santiago de Compostela] : Castromil, 1992
  • O fillo de Serafín. A Coruña: Ediciós Do Castro, 1982
  • Nunca te vin chorar. Vigo: Galaxia, 2010
  • O quiquiriquí. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1983
  • O repenique de Beatriz Goldar. Vigo: Ir Indo, 2002
  • Sabor a ti. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1991
  • Selva Negra. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1993
  • Turbo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1989

 

Obra colectiva

  • Novo do trinque. [Santiago de Compostela] : Bloque Nacionalista Galego, D.L. 1997
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros. Vigo: Galaxia ; Pontevedra : Concello de Pontevedra , 2015.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996). Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 1996

 

Dirección páxina web persoal/blog

Posuía un blog persoal, dispoñible na seguinte ligazón: http://suarezabel.blogspot.com/

Premios recibidos

  • 1981. Gañador do Certame Modesto R. Figueirido, polo relato O fillo de Serafín.
  • 1982. Gañador do Certame Modesto R. Figueirido, polo relato O quiquiriquí.
  • 1986. Premio Blanco Amor, por Turbo.
  • 2002. Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia, por O repenique de Beatriz Goldar.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *