Nesta entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co concello de A Baña nados no século XX.
A información forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.
Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña.
Autores e autoras do concello de A Baña. Biblioteca Provincial da Deputacion Coruna
1. Fernández da Ponte, Xosé
Biografía
Xosé Fernández naceu en Tabeirós (A Estrada) e finou na Baña no ano 1989.
Estudou maxisterio en Santiago de Compostela, profesión que exerceu posteriormente, tanto na escola pública coma na privada.
Á vez, foi director interino do xornal estradense El Emigrado.
Finou na Baña no ano 1989.
Obra
Obra individual
- Latexos : poemas en galego y castelán. [A Coruña?] : G.A. Fernández da Ponte, 2012.
- Noesba. Noia : Fundación Feiraco, 2002.
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo, este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
- 1963. Cruz de Alfonso X el Sabio.