Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co concello de Aranga, nados no século XX.
A información forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.
Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña
PDF: Autores e autoras do concello de Aranga. Biblioteca Provincial da Deputacion Coruna
González Álvarez, Xosé Ramón
Biografía
Pouco se sabe da vida de Xosé Ramón González Álvarez, a excepción da súa pertenza a parroquia de Feás, sita no concello de Aranga.
Obras
Obra individual
- A encrucillada da torre . Vigo : Galaxia, 1990
Dirección páxina web persoal/blog
No momento da realización deste catálogo este autor non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.
Premios recibidos
No momento da realización deste catálogo, o autor non ten recibido ningún premio.