Autoras e autores literarios de Carral

Publicado el

Neste entrada, a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña recolle os nomes dos autores e autoras literarios/as que naceron ou tiveron vinculación co Concello de Carral nados no século XX.

A información  forma parte do Catálogo de autores e autoras literarios/as da Provincia da Coruña do século XX, que seguirá aberto a futuras incorporacións.

Queremos visibilizar a creación literaria dos 93 concellos da provincia da Coruña

Otero Varela, Inmaculada

Biografía

Nada en Carral no ano 1976.

É unha filóloga e ensaísta galega. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (1994-1998) e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela (1998-2000).

Actualmente, imparte aulas de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario.

Obra individual

  • A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura. [s.l.], Euseino Editores, 2014
  • O posmodernismo no sistema literario galego. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago, 2007

  

 

Dirección páxina web persoal/blog

No momento da realización deste catálogo esta autora non posúe ningunha páxina web persoal ou blog.

 

Premios recibidos

No momento da realización deste catálogo, a autora non ten recibido ningún premio.

 

Autores e autoras do Concello de Carral. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *