Aprende idiomas na Biblioteca

Publicado el

 

Esta guía creouse con motivo do Día Europeo das Linguas o 26 de setembro para servir de orientación a tódalas persoas con interese en aprender, mellorar ou actualizar os seus coñecementos en idiomas.

A guía recolle unha selección dos recursos dispoñibles na Biblioteca para este fin, ordenados por idioma en orde alfabética, e clasificados en cursos, dicionarios, gramáticas, guías de conversa, gramáticas e recursos audiovisuais que están dispoñibles na Fonoteca. Algúns dos recursos son prestables e outros poden consultarse na sala.

Os rexistros conteñen a información de autor, título, os datos da publicación e o número de páxinas ou de volumes e a sinatura para poder localizalos.

Para complementar os recursos desta guía e mellorar o coñecemento en linguas, podedes estar atentos ás actividades e cursos de linguas que organizan tanto a Biblioteca da Deputación da Coruña  coma o servizo  Europe Direct con cursos nos que vos podedes anotar. Os cursos da Biblioteca e os de Europe Direct son de balde.

https://www.slideshare.net/Bibliotecadicoruna/aprende-idiomas-na-biblioteca-da-deputacin-setembro-2017

 

 

 

One thought on “Aprende idiomas na Biblioteca

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *