Aprende idiomas dende a Biblioteca

Publicado el

 

O  Día Europeo das Linguas, que se celebra o día 26 de setembro, é unha iniciativa que nace no  2001 da man da Comisión Europea  e do Consejo de Europa, que representa a 800 millóns de cidadán de 47 países. Ten lugar cada ano como homenaxe a diversidade lingüística dun continente, Europa, con máis de 200 liguas propias.

 

 

 

Aproveitamos para recomendarvos os recursos dixitais que ten a EBIBLIODACORUNA: https://ebibliodacoruna.odilotk.es para aprender linguas: preparamos dous carruseis, un con recursos para aprender linguas onde atoparás cursos, manuais, audiolibros, diccionarios e outro carrusel con recursos literarios noutras linguas para que practiques o aprendido.

 

Se aínda non a utilizas a Biblioteca Dixital DATE DE ALTA, é moi doado.

Lembrámosvos tamén que a biblioteca ten cursos de inglés para adultos presenciais nos que vos podedes anotar; os cursos son de balde e teñen diferentes niveis para que escollades os que mellor se axustan ás vosas necesidades.

 

E tamén vos recomendamos a  guía de lectura APRENDE IDIOMAS NA BIBLIOTECA  que   recolle unha selección dos recursos dispoñibles na Biblioteca para este fin, ordenados por idioma en orde alfabética, e clasificados en cursos, dicionarios, gramáticas, guías de conversa, gramáticas e recursos audiovisuais que están dispoñibles. Algúns dos recursos son prestables e outros poden consultarse na sala.

Os rexistros conteñen a información de autor, título, os datos da publicación e o número de páxinas ou de volumes e a sinatura para poder localizalos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *