Apps da Biblioteca da Deputación da Coruña

Publicado el

 

 

 

Sabes que podes acceder á nosa biblioteca dixital ( ODILOTEKA   e  EBOOKDICORUNA )  dende o teu móbil de maneira directa.A través das nosas  apps podes ler libros, ver películas, escoitar audiolibros…todo no teu dispositivo. Sinxelo e de balde!

A nosa biblioteca dixital a un click, descárgaas  e compróbao!

Enlace directo á APP de EbookDicoruna: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.bqreaders.reader.coruna

Enlace directo á APP de OdiloTK:  https://play.google.com/store/apps/details?id=es.odilo.odiloapp

EbookDicoruna  App

EBook Dicoruna é un visor e lector de libros electrónicos. A través dela poderás acceder a todos os eBooks dende de calquera dos teus dispositivos Apple. Goza dos teus libros favoritos en calquera momento e en calquera lugar dunha forma cómoda e sinxela.

Os pasos para facer uso dela, nos dispositivo de Android son os seguintes:

  1. Busca no Google Play: Ebook Diputación da Coruña https://play.google.com/store/apps/details?id=com.bqreaders.reader.coruna 
  2. Instálaa no teu dispositivo
  3. Accede coa túa contrasinal da plataforma de préstamo electrónico.
  4. Se non tes contrasinal de accedo, date de alta aquí.
  5. Busca e presta os teus libros dende o teu dispositivo
  6. Non te preocupes pola devolución, automáticamente desaparecerán do teu dispositivo despois de 21 días

Odilo App

A aplicación que permite acceder á plataforma non só de libros electrónicos, senon tamén de audiolibros,  vídeos, pílulas educativas… sen ter que desprazarte ata a biblioteca.

Permite acceder ao catálogo e realizar o préstamo e visionado dos contidos da plataforma

Os pasos para facer uso dela, nos dispositivo de Android son os seguintes:

  1. Busca no Google Play: Odilo App  https://play.google.com/store/apps/details?id=es.odilo.odiloapp
  2. Instálaa no teu dispositivo
  3. Selecciona a Biblioteca Deputación da Coruña
  4. Accede coa túa contrasinal da plataforma de préstamo electrónico desta plataforma
  5. Se non tes contrasinal de accedo, date de alta aquí.
  6. Busca e  presta os teus libros electrónicos, senon tamén de audiolibros,  vídeos, pílulas educativas
  7. Non te preocupes pola devolución, automáticamente desaparecerán do teu dispositivo despois de 21 días

 

Queremos chegar a cada persoa, e ti que disfrutes das mellores lecturas!

Se tes algunha dúbida no funcionamento, lembrámosche que podes poñerte en contacto coa biblioteca  escribíndonos a biblioteca.info@dacoruna.gal

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *